FC Bayern München: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
Sen resumo de edición
Liña 93:
O 11 de xaneiro de 2008 o ex-futbolista [[Jürgen Klinsmann]] foi nomeado sucesor de Hitzfeld, tomando o cargo o [[1 de xullo]] de [[2008]], asinando un contrato por dous anos. Durante a primeira metade da tempada [[2008]]-[[2009|09]] da Bundesliga, o Bayern comezou bambeante, gañando simplemente dous partidos até o sexto partido, mais pronto comezou a mellorar. Con todo, o [[Bayer Leverkusen]] eliminounos en oitavos de final da Copa. Na [[Liga de Campións da UEFA 2008-09|Liga de Campións dese ano]] o Bayern tamén chegou aos oitavos de final, onde foron eliminados polo [[FC Barcelona]] despois de quedar primeiros no Grupo F e derrotar ao [[Sporting Clube de Portugal|Sporting de Lisboa]] na primeira rolda das eliminatorias, logrando un resultado récord na Liga de Campións ao vencer cun global de 12 a 1. O [[27 de abril]], dous días despois dunha derrota doméstica fronte ó [[Schalke 04]], a cal fixo caer ao Bayern ao terceiro lugar na táboa, Klinsmann foi despedido. Isto foi precedido por varios resultados decepcionantes como unha derrota global por 5 a 1 fronte ó Barça na liga de Campións, e unha derroa de 5 a 1 contra o campión [[VfL Wolfsburg]]. [[Jupp Heynckes]] foi nomeado como novo adestrador até o fin da tempada. O Bayern finalmente terminou a liga en segundo lugar, clasificándose directamente para a [[Liga de Campións da UEFA 2009-10|Liga de Campións en 2009-10]].
 
Para a seguinte tempada chegou outro cambio de adestrador, esta vez o elixido foi o [[Países Baixos|neerlandés]] [[Louis Van Gaal]] procedente do [[AZ Alkmaar|AZ]] de [[Alkmaar]]. Mentres o equipo estaba baixo miradas críticas, debido a unha racha de malos resultados, Van Gaal logrou clasificar ao Bayern para os oitavos de final da Champions cun convincente 4 a 1 sobre a [[Juventus FC|Juventus]] en [[Turín]]. O seu próximo rival sería a [[ACF Fiorentina|Fiorentina]], conseguindo pasar aos cuartos aínda perdendo en [[Florencia - Firenze|Florencia]] por 3 a 2. No choque de cuartos de final agardaría o [[Manchester United]] de [[Alex Ferguson]]. Os bávaros conseguiron derrotar aos ingleses avanzando ás semifinais. Alí enfrontaríanse ao [[Olympique Lyon]], ao que gañaron tanto na casa como fóra, enviando ao Bayern á final.
 
O [[8 de maio]] de [[2010]], o Bayern conquistou a [[Fußball-Bundesliga|Bundesliga]] después de vencer por 3 a 1 ao [[Hertha Berlin]]. O Bayern tamén gañou a Copa unha semana despois, o [[15 de maio]] de [[2010]]. Con todo, o triplete escapouse tras perder por 2 a 0 na final da Liga de Campións contra o [[Inter de Milán]] de [[José Mourinho]] o [[22 de maio]] no [[Estadio Santiago Bernabéu|Santiago Bernabéu]] de [[Madrid]]. Na tempada [[2011]]-[[2012|12]] chegaría de novo ao banco [[Jupp Heynckes]]. O [[25 de maio]] clasificáronse á final da [[UEFA Champions League|Champions League]] ao eleiminar en semifinais ao [[Real Madrid]]. Na final enfrontaranse ao [[Chelsea FC|Chelsea]] [[Inglaterra|inglés]].