Bangladesh: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado ligazóns externas
Liña 51:
'''Bangladesh''' (en [[Lingua bengalí|bengalí]]: বাংলাদেশ), formalmente '''República Popular de Bangladesh''' (en bengalí: গণপ্রজাতন্ত্রী বাংলাদেশ ''Gônôprôjatôntri Bangladesh'') é un estado da [[Asia Meridional]], localizado no fértil [[delta do Ganxes]]. Fai fronteira coa [[India|República da India]] polo norte, oeste e leste, con [[Myanmar]] polo sueste e co [[Golfo de Bengala]] polo sur. Está separado do [[Nepal]] e de [[Bután]] polo territorio indio coñecido como [[Corredor de Siliguri]]. Xunto co estado indio de [[Bengala Occidental]], forma parte da rexión etno-lingüística de [[Bengala]]. O nome de ''Bangladesh'' significa "País de Bengala" en [[lingua bengalí]].
 
As fronteiras da moderna Bangladesh foron delimitados durante a [[Partición de Bengala (1947)|Partición de Bengala]] e a [[Partición da India|India británica]] en 1947, cando a rexión se converteu nunha rexión do estado de [[Paquistán]]. Debido á exclusión política, á discriminación étnica e lingüística, á dominación económica polo estado de Paquistán e a unha combinación de axitacións populares, o [[nacionalismo]] e a [[desobediencia civil]] conduciron á [[Guerra de Liberación de Bangladesh]] en 1971, que resultou na separación e [[independencia]] mediante a formación do estado de Bangladesh. Despois da independencia, o novo estado proclamou unha [[democracia]] multipartidista secular. O país afrontouse dende entón á pobreza, á fame, á inestabilidade política e a numerosos golpes militares. A restauración da democracia en 1991 foi seguida dun relativo período de calma e progreso económico.<ref>{{cita web |url= http://web.worldbank.org/WBSITE/EXTERNAL/COUNTRIES/SOUTHASIAEXT/0,,contentMDK:21421907~pagePK:146736~piPK:146830~theSitePK:223547,00.html|título= Bangladesh: Strategy for Sustained Growth|dataacceso= 19 de marzo de 2010 |autor= Banco Mundial|data= 2007|obra= World Bank.org|lingua=inglés}}</ref>
 
Bangladesh é unha [[república parlamentaria]] cun parlamento electo chamado [[Jatiyo Sangshad]]. Cunha poboación de máis de [[Demografía de Bangladesh|160 millóns de persoas]] nun territorio de 147.570 km2, Bangladesh é o [[Lista de países por poboación|oitavo país do mundo máis poboado]], así como o estado máis densamente poboado do planeta. Os [[bengalís]] son o grupo étnico maioritario do país, mentres que pobos indíxenas dos distritos do norte e do sueste son unha minoría diversa e significativa. A rexión do delta de Bengala ten un rico [[patrimonio cultural]]. As catro meirandes relixións do país son o [[islam]] (89%), o [[hinduísmo]] (9%), o [[budismo]] (1%) e o [[cristianismo]] (0.5%).
Liña 198:
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.bangladesh.gov.bd/?q=bn PáxinaPortal oficial do goberno]
* [http://www.bssnews.net/ Axencia Nacional de Noticias de Bangladesh]
* [http://web.archive.org/web/http://www.parliamentofbangladesh.org/indexeng.html Parlamento de Bangladesh]
* [https://www.cia.gov/library/publications/world-leaders-1/world-leaders-b/bangladesh.html Xefe de Estado e membros do Gabinete]
* [http://ucblibraries.colorado.edu/govpubs/for/bangladesh.htm Bangladesh] en ''UCB Libraries GovPubs''
 
{{Commons|Bangladesh}}