Músculo liso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 124:
* unha diminución da fosforilación da cadea lixeira da miosina de 20kd ao alterar a sensibilización ao calcio e incrementar a actividade da fosfatase da cadea lixeira da miosina,
* unha estimulación dos canais de potasio sensibles ao calcio que hiperpolariza a célula,
* e a fosforilación dos residuos de aminoácidos [[serina]] 16 na pequena [[proteína de choque térmico]] (hsp20) feita polas proteína quinases A e G. A fosforilación de hsp20 parece alterar a actina e a dinámica das adhesións focais e a interacción actina-miosina, e hai probas recentes que indican que neste proceso está implicada a unión da hsp20 á proteína 14-3-3 está implicada neste proceso. Unha hipótese alternativa é que a a [[hsp20]] fosforilada pode tamén alterar a afinidade da miosina fosforialda pola actina e inhibe a contractilidade ao interferir coa formación de pontes cruzadas.
 
O factor de hiperpolarización derivado do endotelio estimula os canais de potasio sensibles ao calcio e/ou os canais de potasio sensible ao ATP e estimula o efluxo de potasio, o cal hiperpolariza a célula e produce relaxación.