Músculo liso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 65:
Os filamentos de actina das unidades contráctiles están unidos aos chamados ''corpos densos''. Os corpos densos son ricos en α-[[actinina]],<ref name=aguilar2010/> e tamén se unen a [[filamento intermedio|filamentos intermedios]] (que constan de [[vimentina]] e [[desmina]]), e parecen servir como áncoras desde as cales os filamentos finos poden exercer a súa forza.<ref name=aguilar2010/> Os corpos densos tamén están asociados coa β-actina, que é do tipo que se encontra no [[citoesqueleto]], o que indica que os corpos densos poden coordinar as tensións da maquinaria contráctil e do citoesqueleto.<ref name=aguilar2010/>
 
Os filamentos intermedios están conectados a outros filamentos intermedios por medio dos corpos densos, os cales finalmente se unen a [[unión adherente|unións adherentes]] (tamén chamadas adhesións focais) na [[membrana plasmática]] da célula muscular lisa. As unións adherentes constan dun grande número de proteínas como a α-actinina, [[vinculina]] e actina citoesquelética.<ref name=aguilar2010/> As unións adherentes están distribuídas arredor das ''bandas densas'', que rodean en círculo á célula muscular lisa nunformando un patrón similar ao das costelas.<ref name=stephen1995/> As áreas de bandas densas (ou placas densas) alternan con rexións da membrana que conteñen numerosas caveolas. Cando os complexos de actina e miosina se contraen, a forza transdúcese ao sarcolema a través dos filamentos intermedios unidos a ditas bandas densas.
 
Durante a contracción, prodúcese unha reorganización espacial da maquinaria contráctil para optimizar o desenvolvemento de forza.<ref name=aguilar2010/> Parte desta reorganización consiste na [[fosforilación]] da vimentina na [[serina|Ser]]<sup>56</sup> por unha [[quinase activada por p21]], o que orixina algunha desensamblaxe nos polímeros de vimentina.<ref name=aguilar2010/>
Liña 71:
Ademais, o número de filamentos de miosina é dinámico entre os estados relaxado e contraído nalgúns tecidos, xa que a proporción actina:miosina cambia, e a lonxitude e o número de filamentos de miosina cambia tamén.
 
Observouse que as células do músculo liso se contraían nunha forma en espiral de sacarrollas, e as porteínas contráctiles foron observadas organizándose en zoneszonas de actina e miosina ao longo do eixe da célula.
 
Os tecidos que conteñen células de músculo liso necesitan estirarse con frecuencia, polo que a elasticidade é un atributo importante do músculo liso. As células do músculo liso poden segregar unha complexa [[matriz extracelular]] que contén [[coláxeno]] (predominantemente dos tipos I e III), [[elastina]], [[glicoproteína]]s, e [[proteoglicano]]s. O músculo liso tamén ten receptores específicos de elastina e de coláxeno para poder interaccionar con ditas proteínas da matriz extracelular. Estas fibras xunto coas súas matrices extracelulares contribúen á [[viscoelasticidade]] destes tecidos. Por exemplo, as grandes arterias son vasos viscolelásticos que actúan como uncun [[efecto Windkessel|Windkessel]], propagando a contracción ventricular e suavizando o fluxo pulsátil, e o músculo liso da [[tunica media]] arterial contribúe a esta propiedade.
 
====Caveolas====