Músculo cardíaco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 100:
Unha maneira mediante a cal ten lugar a rexeneración dos cardiomiocitos é pola división de cardiomiocitos preexistentes durante o proceso normal de envellecemento.<ref>{{cite journal |author=Senyo SE, Steinhauser ML, Pizzimenti CL, Yang VK, Cai L, Wang M, Wu TD, Guerguin-Kern JL, Lechene CP, Lee RT |title=Mammalian heart renewal by pre-existing cardiomyocytes |journal=Nature |volume=493 |issue=7432 |pages=433-6 |date=January 2013 |pmid=23222518 |pmc=3548046 |doi=10.1038/nature11682 |url=http://www.nature.com/nature/journal/v493/n7432/full/nature11682.html}}</ref> A división de cardiomiocitos preexistentes increméntase en áreas arredor dos sitios onde se produciu unha lesión no miocardio. Ademais, certos [[factor de crecemento|factores de crecemento]] promoven a autorrenovación dos cardiomiocitos endóxenos e das [[célula nai|células nais]] cardíacas. Por exemplo, o [[IGF-1]], o [[factor de crecemento de hepatocitos]], e a [[HMGB1|proteína B 1 do grupo de alta mobilidade]] incrementan a migración das células nais cardíacas cara á área afectada, e a proliferación e supervivencia destas células.<ref>{{cite journal| Germani A, Di Rocco G, Limana F, Martelli F, Capogrossi MC |title=Molecular mechanisms of cardiomyocyte regenerate and therapeutic outlook |journal=Trends Mol Med |volume=13 |issue=3 |pages=125-33 |date=March 2007 |pmid=17257896 |doi=10.1016/j.molmed.2007.01.002 |url=http://www.cell.com/trends/molecular-medicine/abstract/S1471-4914(07)00003-2}}</ref> Algúns membros da familia do [[factor de crecemento de fibroblastos]] tamén inducen a reentrada no [[ciclo celular]] de pequenos cardiomiocitos. O [[factor de crecemento endotelial vascular]] tamén exerce un importante papel no recrutamento de células cardíacas nativas cara a un sitio onde se produciu un infarto ademais do seu efecto [[anxioxénese|anxioxénico]].
 
Baseándose no papel natural das células nais na rexeneración dos cardiomiocitos, os investigadores e médicos teñen cada vez maior interese no uso destas células para rexenerar o tecido danado. Demostrouse que varias liñaxes de células nais poden diferenciarse en cardiomioci toscardiomiocitos, como as [[célula nai hematopoética|células nais da medula ósea]]. Por exemplo, nun estudo transplantáronse células da medula ósea, nas que estaba incluída unha poboación de células nais, ao lado dunha zona onde se producira un infarto nun modelo de ratos. Nove días despois da cirurxía, atopouse que se formara unha nova banda de miocardio rexenerado.<ref>{{cite journal |author=Orlic D, Kajstura J, Chimenti S, Jakoniuk I, Anderson SM, Li B, Pickel K, McKay R, Nadal-Ginard B, Bodine DM, Anversa P |title=Bone marrow cells regenerate infarcted myocardium |journal=Nature |volume=410 |issue=6829 |pages=701-5 |date=April 2001 |pmid=11287958 |doi=10.1038/35070587 |url=http://www.nature.com/nature/journal/v410/n6829/full/410701a0.html}}</ref> Porén, esta rexeneración non se observou cando a poboación de células que se inxectaban estaba desprovista de células nais, o que indica fortemente que é a poboación de células nais a que contribúe á rexeneración do miocardio. Outros ensaios clínicos indicaron que a os transplantes de células de [[medula ósea]] autólogos realizados a través da arteria relacionada cocun infarto concreto facía diminuír a área do infarto en comparación con pacientes aos que non se lles sometera a esta terapia celular.<ref>{{cite journal |author=Orlic D, Hill JM, Arai AE |title=Stem cells for myocardial regeneration |journal=Circ Res |volume=91 |issue=12 |pages=1092-102 |date=December 2002 |pmid=12480809 |doi=10.1161/01.RES.0000046045.00846.B0 |url=http://circres.ahajournals.org/content/91/12/1092.abstract}}</ref>
 
==Importancia clínica==