Baíña, Baiona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 10:
|entidades = 8
}}
'''Santa Mariña de Baíña''' é unha parroquia do concello de [[Baiona]]. Limita coas parroquias de [[Belesar, Baiona|Belesar]], [[Baredo]], [[Santa Cristina da Ramallosa]] e [[Baiona, Baiona|Baiona]] e pertence á comarca do [[Val Miñor]].
 
Tiña 1.745 veciños en 2013 e os seus lugares máis destacados son: O Burgo (520), O Cruceiro (181), Os Eidos (150), As Fontes (228), A Igrexa (113), As Laxes (448), O Río (98) e San Cosme (7). Algúns dos seus casais son: A Moura, O Rial, A Sirimba, As Laxes de Quinós e Santa Marta.
Liña 19:
O nome da parroquia aparece documentado na Idade Media como ''Vayna''. Pertenceu ao [[mosteiro de Oia]] até [[1482]], e daquela agregouna a Baiona o [[diocese de Tui|bispo de Tui]] [[Diego de Muros I|Diego de Muros]].
 
Dispón de fragas autóctonas á beira do río, de rutas rurais sinalizadas e de varios muíños restaurados. A uns minutos do *merendoiro da Chan da Lagoa, existen restos de muros, de pontes e de vivendas do poboado medieval de San Cosme, referente histórico para Baíña e do que hai lendas vivas coma a da Fonte Santa. Na península de Santa Marta existe unha ermida que queimou e profanou o pirata [[Francis Drake]], quen se hospedou nesta parroquia antes de tentar conquistar Baiona. Posteriormente, a veciñanza reconstruíu esta ermida.
 
==Galería de imaxes==