Catedral de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
tabulando cos dous puntos
Sen resumo de edición
Liña 22:
Está dedicada a Santa María de Regra.
 
Iniciada no [[século XIII]], é unha das grandes obras do estilo [[arquitectura gótica|gótico]], de influencia francesa. Coñecida co alcume de ''Pulchra leonina'', que significa 'a fermosa leonesa'. Atópase en pleno [[Camiño de Santiago]].<ref>A catedral de León é coñecida especialmente por levar ao extremo a «desmaterialización» da arte góticogótica, é dicir, a redución dos muros á súa mínima expresión para seren substituídos por vitrais coloreados, constituíndo unha das maiores escolmas de [[vidreira]]s medievais do mundo</ref>.
 
== Historia ==
Liña 43:
[[Ficheiro:Interior de la Catedral de León.jpg|thumb|Interior da catedral de León.]]
A construción da terceira catedral iníciase contra [[1205]], mais os problemas construtivos dos [[alicerces]] fixeron que logo se paralizasen os traballos, que non proseguiron até [[1255]], baixo o pontificado do bispo Martín Fernández e o apoio do rei [[Afonso X o Sabio]] de [[Castela]], sendo esta nova catedral de estilo enteiramente gótico.
 
O arquitecto da catedral semella que foi o [[mestre Henrique]], seica natural de Francia, e que xa traballara outrora na [[catedral de Burgos]]. É evidente que coñecía a forma arquitectónica gótica da [[illa de Francia]]. Faleceu en [[1277]], sendo substituído polo español [[Juan Pérez (arquitecto)|Juan Pérez]].
 
En [[1289]] finaba tamén o bispo Martín Fernández, cando a cabeceira do templo xa estaba aberta ao culto. A estrutura fundamental da catedral logo remata, en [[1302]], abrindo o bispo Gonzalo Osorio a totalidade da igrexa aos fieis, aínda que no [[século XIV]] aínda se terminaría o [[claustro]] e a [[torre (construción)|torre]] norte, e a torre sur non se rematou até a segunda metade do [[século XV]]. Esta presteza nos traballos danlle unha grande unidade de estilo arquitectónico.
 
Liña 75 ⟶ 77:
No [[século XVII]] proseguiron os problemas. No ano [[1631]] derrubouse parte da bóveda central do cruceiro. O [[cabido]] recorreu a [[Juan de Naveda]], arquitecto de [[Filipe IV de España]], que cubriu o cruceiro cunha gran cúpula, crebando cos contrarrestos do sistema [[arquitectura gótica|gótico]], tan distintos dos do [[Arquitectura barroca|barroco]]. O excesivo peso provocaría o desprazamento das cargas radiais cara o pinche sur ante a fraqueza dos [[Arco toral|arcos torais]] e ao fallaren tamén os alicerces. A lanterna fechouse provisionalmente en [[1651]], mais a finais do século xa se se advertían algunhas fallas na cúpula que desviaba o seu eixo cara o sur. O crebado pinche sur tivo que ser reedificado por [[Conde Martínez]] en [[1694]], substituíndo o [[pinche]] gótico por unha [[espadana]] barroca.
 
Quixo pór remedio a estes desastres [[Joaquín de Churriguera]] erguendo catro grandes [[pináculo]]s arredor da cúpula e sobre os piares do cruceiro, a principios do [[século XVIII]], mais as consecuencias desta intervención serían nefastas. Por León foron desfilando grandes arquitectos, como [[Giacomo de Pavía]], mentres os males seguían agravándose. O [[Terremoto de Lisboa de 1755|Sismo de Lisboa]] do ano [[1755]] conmoveu a todo o edificio, afectando de xeito epecialespecial aos [[mainel|maineis]] e ás vidreiras. Abríronse grandes fendas na fachada sur, polo que foi necesario cegar o triforio, desmontar o rosetón, e substituílo por unha fiestra dupla xeminada.
 
No ano [[1830]] aumentaron os desprendementos de pedras no pinche do muro penal sur e, para o salvar, [[Fernando Sánchez Pertejo]] tivo que reforzar os [[contraforte]]s de toda a fachada.
Liña 89 ⟶ 91:
 
A [[Juan de Madrazo]] sucedeulle no cargo [[Demetrio de los Ríos]] en [[1880]]. Purista, como o anterior, continuou dando á catedral o aspecto gótico primitivo, substituíndo o pinche occidental plateresco, que fixeran [[Juan López de Rojas]] e [[Juan de Badajoz el Mozo]] no [[século XVI]], por un deseño [[neogótico]] análogo ao recén construído na fachada sur. [[Juan Bautista Lázaro]] concluíu os traballos de restauración. En [[1895]] emprendeu a ardua tarefa de recompor as vidreiras que levaban anos descompostas.
 
En [[1901]] a catedral foi reaberta ao culto, co recuperado esplendor do gótico. Pode afirmarse que esta restauración foi unha das máis complexas e arriscadas realizadas en Europa no [[século XIX]].
 
Os traballos de restauración continuaron levemente no [[século XX]], especialmente nas primeiras décadas. En [[1911]], Manuel Cárdenas destruiría lamentabelmente a ‘’Puerta del Obispo’’, edificio civil que unía a catedral co Palacio Episcopal. En [[1930]], [[Juan Crisóstomo Torbado]] terminaría a cancela exterior iniciada en [[1794]], choendo todo o adro. Este arquitecto acometería despois a restauración do claustro.
 
Nas últimas décadas traballouse no reforzo das estruturas e limpeza, e tamén a restauración e consolidación das vidreiras, usando as máis modernas técnicas.
 
Liña 97 ⟶ 102:
[[Ficheiro:Catedral de León iluminada.jpg|thumb|Vista da catedral de León alumeada desde os altos da Candamia.]]
Na arquitectura gótica xeneralízase o uso dos arcos apuntados (ou [[Arco oxival|arcos oxivais]]) e a [[bóveda de cruzaría]] concentrando así as cargas en puntos determinados e non en todo o muro, que permiten facer catedrais máis esveltas (por unha banda, o [[arco (construción)|arco]] pode alongarse sen ampliar a súa largura como ocorría no románico e reduce as cargas facendo cubertas máis lixeiras, o que permite abrir os muros). Desaparece a [[Tribuna (arquitectura)|tribuna]] románica e as cargas laterais que esta arranxaba envíanse aos [[arcobotante]]s, arcos que transmiten a carga lateral da cuberta aos [[contraforte]]s exteriores, que acostumaban estar rematados con pináculos. As grandes vidreiras son una mostra do interese do gótico por se comunicar co pobo. Así mesmo, a sensación de verticalidade correspóndese á idea do [[Xerusalén]] celeste, en comparación contra a sensación de acollemento e seguranza aos fieis creada no románico. Este tipo de construcións adoitaban ter un número impar de naves (3 ou 5) sustentadas por unha bóveda de cruzaría [[cuadripartita]], [[sexpartita]], de [[tercelete]]s, [[bóveda de abano|de abano]] ou [[bóveda estrelada|estrelada]].
 
A fachada principal estruturábase xeralmente en tres [[vans]] abucinados, constituídos por [[arquivolta]]s e [[xamba]]s e enmarcados nun [[gablete]], unha galería de reis do Antigo Testamento, un gran rosetón (situado na nave central), un [[ándito]] (espazo mediante o cal accédese á fachada para realizar posíbeis reformas) e por dúas torres de características diferentes (rematadas ou non cun pináculo en forma de frecha).
 
Liña 132 ⟶ 138:
# Porta de [[San Froilán]] ou da Raíña.
|}
 
<!-- [[Ficheiro:Leon catedral planta.png|thumb|400px|right|Planta da Catedral.]]
<div style="font-size:100%; width:400px; height:415px; overflow:auto;">
::# Pórtico da Nosa Sra. “La Blanca”.
::# Pórtico de San Xoán.
::# Pórtico de San Francisco.
::# Capela de San Xoán.
::# Deambulatorio.
::# Coro.
::# Altar Maior e Retablo.
::# Porta de Nosa Sra. “del Dado”.
::# Capela de Santa Tareixa.
::# Claustro.
::# Capela de San Nicolás.
::# Capela do Conde de Rebolledo.
::# Capela de Santo André.
::# Capela de Santiago.
::# Capela da Nosa Sra. “del Dado”.
::# Capela do Tránsito.
::# Capela do Nacemento.
::# Capela da Concepción.
::# Capela da Virxe Branca.
::# Capela do Consolo.
::# Capela do Cristo.
::# Capela do Carme.
::# Capela de San Francisco.
::# Porta da Morte.
::# Porta do Sarmental.
::# Porta de San Froilán ou da Raíña.
</div>
<br style="clear:both;"> -->
<!-- ::::# 1.- Torre norte ou das campás.
::::# 2.- Portada de San Xoán.
::::# 3.- LOCUS APELLATIONIS.
::::# 4.-Portada do Xuízo Final.
::::# 4'.- Parteluz: Virxe Branca (copia)
::::# 5.- Portada de San Francisco.
::::# 6.- Torre sur ou do reloxo.
::::# 7.- Portada da morte.
::::# 8.- Portada do Apocalipse.
::::# 8'.- Parteluz: [[San Froilán]].
::::# 9.- Portada do traslado.
::::# 10.- Cadeira da Raíña.
::::# 11.- Ábsida.
::::# 12.- Capela de Santa Lucía.
::::# 13.- Capela de Nosa Señora do Carme.
::::# 14.- Capela do Santo Cristo.
::::# 15.- Porta do Cardo.
::::# 16.- Presancristía.
::::# 16'.- Sancristía.
::::# 16''.- Oratorio.
::::# 17.- Capela de Santo Antonio.
::::# 18.- Sepulcro de Ordoño II.
::::# 19.- Capela da Virxe Branca.
::::# 20.- Capela da Virxe da Esperanza.
::::# 21.- Capela do Nacemento.
::::# 22.- Capela da Virxe do Camiño ou de Santiago.
::::# 22'.- Capela de Santo André.
::::# 23.- Capela Maior.
::::# 24.- Capela de Santa Tareixa.
::::# 25.- Acceso ao Claustro e Museo.
::::# 26.- Portada da Virxe “del Dado”.
::::# 26'.- Parteluz: Virxe “del Dado”.
::::# 27.- Portada do Claustro.
::::# 28.- Porta da gomia.
::::# 29.- Capela de San Nicolás.
::::# 30.- Capela do Conde Rebolledo.
::::# 31.- Escaleira de Xoán de Badaxoz.
::::# 32.- Sala de Pedra.
::::# 33.- Pezas retiradas na restauración por Demetrio de los Ríos.
::::# 34.- Cruceiro.
::::# 35.- Coro.
::::# 36.- Trascoro.
::::# 37.- Capela de San Xoán de Regla.
::::# 38.- Acceso á Cripta-->
 
== Exterior ==
Liña 280 ⟶ 211:
=== Altar maior ===
[[Ficheiro:Altar Mayor, Catedral de León.jpg|thumb|Altar maior da catedral, arrodeado polas vidreiras da ábsida.]]
O altar maior ou capela maior da catedral está actualmente ocupado por un [[retablo]] [[neogótico]] montado por [[Juan Bautista Lázaro]] con cinco táboas procedentes do retablo perdido realizado por [[Nicolás Francés]] a mediados do [[século XV]], e outras de procedencia diversa ([[Palanquinos]], etc).
Representan a vida de [[San Froilán]], o traslado do corpo de [[Santiago o Maior|Santiago]] e a Presentación da Virxe, nunha mestura de estilo gótico internacional e gótico flamenco. Salientan as táboas laterais, en especial o Descendemento da esquerda.
 
Liña 307 ⟶ 238:
Os arcos apuntados e capiteis do muro interior presentan escenas bíblicas e da vida cotiá, mostrando de novo o diálogo do divino e o humano, típico do gótico. Os murais entre as arcadas do claustro foron pintados cos episodios da vida de Cristo por [[Nicolás Francés]] nos años 60 do [[século XV]], aínda que algúns deles son obra posterior de [[Lorenzo de Ávila]] e outros.
 
A comezos do [[século XVI]], [[Juan de Badajoz o Mozo]] refixo as bóvedas do claustro. Aproveitou os lenzos e os arcos formeiros e montou 28 bóvedas de cruzaría complicadas e decoradas. Filacterios e medallóns presentan un complexo programa iconográfico, vinculado coa Virxe de Regla. Baixo as bóvedas pode observarse unha completísimacompleta colección de sepulcros que revelan as etapas da actividade escultórica catedralicia, mais sendo na súa maioría obras tanto do [[século XIII]] como do [[século XIV]].
 
No centro do patio e por diversos lugares do claustro consérvanse restos dos pinches oeste e sur, que foron desmontados durante as restauracións do [[século XIX]] polos arquitectos "purificadores" da catedral.
Liña 326 ⟶ 257:
Na súa época de esplendor non se tiñan como meros elementos decorativos, senón que eran unha parte fundamental do edificio. A técnica do arcobotante permitía practicamente eliminar os muros como elemento de sostén, polo que se podían perforar para abrir grandes fiestras, que recubertas con vidreiras, daban ao templo unha máxica aparencia. Neste sentido, a catedral de León foi un dos edificios que máis metros cadrados dedicou á creación de vans para vidreiras en proporción ao seu tamaño. En metros cadrados distribúense da seguinte maneira: 464 metros na súa parte baixa, 282 no triforio e 1.018 na zona superior, o que fai un total de polo menos 1.764 metros cadrados de superficie, segundo as medicións de [[Demetrio de los Ríos]]. O conxunto conta con 134 grandes fiestras e 3 grandes rosetóns. Esta enorme superficie cobra maior importancia por mor das dimensións contidas da catedral.
 
Porén, semella que entre os séculos [[século XV|XV]] e [[século XVI|XVI]] foron tapiadas parte das grandes fiestras inferiores (das que sé se conservaron as partes superiores e as rosas orixinais) e do triforio para dar maior consistencia ao edificio polos seus problemas construtivos, se ben estas zonas de visdrovidro foron recuperadas nas restauracións de finais do [[século XIX]] por [[Demetrio de los Ríos]] e [[Juan Bautista Lázaro]] coa creación doutras novas, usando a técnica construtiva medieval.
<gallery>
Ficheiro:Vidrieras de la Catedral de León.jpg|Claristorio, triforio e grandes fiestras baixas da catedral de León.
Liña 342 ⟶ 273:
 
== Arquivo ==
Ao longo dos séculos realizáronse diversos traballos e actuaciónsnoactuacións Arquivoono Arquivo co fin de conservar os manuscritos e todo tipo de documentación que nel se ia recollendo. O máis antigo dos traballos realizados é o ''Libro del tumbo'' (códice núm. 11), onde se copiaron os testemuños, privilexios e doazóns dos séculos X, XI e XII. A copia é de fins do [[século XII]], levando o último documento a data de [[1171]].
=== Fondo documental ===
Actualmente existen na Catedral 88 códices, preciosos pola súa data e máis valiosos polas súas miniaturas.
Ademais dos Códices, o Arquivo agocha un fondo documental de pergamiños, valiosísimovalioso pola súa calidade e número (supera os 1800) e outros moitos fondos.
Ademais hai selos rodados, de cera e de chumbo, de grande interese para a [[sixilografía]]. Tamén libros de contas e unha escolma de Actas Capitulares, desde últimos do [[século XIV]] até o presente. O arquivo musical, libros litúrxicos e cantorais. Planos da Restauración da catedral no [[século XIX]] e bosquexos de vidreiras.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Catedral de Leon}}
=== Bibliografía ===
* Ricardo Puente, ''La Catedral de Santa María de León''. León, Imprenta Moderna. Editor Ricardo Puente.
Liña 367 ⟶ 300:
 
=== Ligazóns externas ===
{{Commonscat|Catedral de Leon}}
* [http://www.catedraldeleon.org/ Sitio web oficial da Catedral de León.]
* [http://www.aytoleon.es/es/general/Paginas/webcam.aspx Cámara web desde a Catedral de León.]