Calmodulina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 17 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q409145
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Funcións ==
A calmodulina media procesos inflamatorios, metabólicos, a [[apoptose]], a contracción do [[músculo liso]] (vasoconstrición das arterias), o movemento intracelular, a memoria a curto e a longo prazo, o crecemento de células nerviosas e as respostas inmunes.
 
A calmodulina exprésase en moitos tipos celulares e pode ter diferentes localizacións na célula, como no [[citoplasma]], dentro dos [[orgánulo]]s, ou asociada coa [[membrana plasmática]] ou as membranas dos orgánulos. Moitas das proteínas ás que se une a calmodulina non poden unirse ao calcio por si mesmas, e utilizan a calmodulina como sensor do calcio e transdutor de sinais. A calmodulina pode tamén utilizar o calcio almacenado no [[retículo endoplasmático]], e o [[retículo sarcoplásmico]]. A calmodulina pode sufrir [[modificación postraducional|modificacións postraducionais]], como [[fosforilación]], [[acetilación]], [[metilación]] e [[corte proteolítico]], que modulan as súas accións.