Diccionario enciclopédico gallego-castellano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
formato; lig ints
Liña 31:
 
En [[1922]], ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'' comenta que "''aínda tardará moito en saír á luz''", e [[Xosé Lesta Meis|Lesta Meis]], en [[1926]], escribe que o autor aínba vai pola letra R pero que podería estar rematado en cuestión duns meses.
Seguiu o modelo do ''[[Diccionario de la lengua española de la Real Academia Española|Diccionario de la Real Academia Española]]'' o que o levou á incorporación de [[castelanismo]]s propios de [[América]] superfluos en galego<ref>Antón Santamarina (1955), p. 82</ref>; tamén incorporou boa parte das entradas dos dicionarios anteriores, moitas veces por medio do [[Diccionario gallego-castellano (1913)|dicionario]] publicado pola [[Real Academia Galega]] e voces procedentes da terra natal do autor. Recolle tamén como entrada, con certa incoherencia, algúns topónimos e antropónimos (mesmo algúns hipocorísticos), así como algún [[xentilicio]] e dialectalismos (especialmente baseados no [[seseo]] implosivo). Discútese o seu carácter ''enciclopédico'', toda vez que non inclúe biografías nin outros conceptos propios dunha enciclopedia. Só aquelas palabras que designan aspectos da cultura material e espiritual de Galicia, -como ''casa'', ''muíño'', ''antroido'', ''maiordomo'', ''foro'', ''aire'', ''demo'' etc.,- desenvólvense nun formato propio dunha enciclopedia mentres a o resto -a gran maioría- defínense como en calquera dicionario convencional
 
Pero o valor do seu dicionario reside na achega en moitas entradas de comentarios de valor [[etnografía|etnográfico]] e [[freaseoloxía|freaseolóxico]], con ata 11.363 [[refrán]]s <ref>Realmente, son 11.961 refráns, pero excluíndo locucións, coplas, castelanismos e repeticións, queda esta cifra de 11.363. [[Xesús Ferro Ruibal]] recompilounos e clasificounos tematicamente en 1987.</ref> e locucións.
{{cita|"''Como xa apuntabamos, este é un dos aspectos máis traballados polo autor do dicionario, pois o número de refráns e locucións recollidos posúe un índice de presencia sen precedentes na lexicografía galega''|Constantino García (2001), p. 54.}}