Minerva: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
 
== Mito ==
Minerva era filla de [[Xúpiter (deus)|Xúpiter]], quen tras ter devorado a [[Metis (mitoloxía)|Metis]], a Prudencia, sentiu unha gran dor de cabeza, recorrendo a [[Vulcano]], quen lle abriu a cabeza dun machetazo, xurdindo dela Minerva, armada e cunha idade que lle permitiu axudar ao seu pai na [[Xigantomaquia]] (guerra contra os [[Xigante]]s), onde se distinguiu pola súa valentía.
 
Unha das características máis famosas da historia de Minerva é o seu desacordo con [[Neptuno (deus)|Neptuno]] para dar nome á cidade de Atenas. Doce grandes deuses, escollidos como árbitros, decidiron que quen producira a cousa máis útil para a cidade daríalle o seu nome. Neptuno, dun golpe de tridente, fixo que da terra saíse un cabalo e Minerva fixo crecer un campo de oliveiras, o que lle deu a vitoria.