Tecido muscular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 9 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q797559
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 30:
Ao microscopio óptico o [[miocito]] estriado ten forma cilíndrica. Forman febras moi longas, dun extremo a outro do [[músculo]], sen interrupción. A estes miocitos tamén se lles denomina rabdomiocitos. O diámetro das febras dependen da idade (menor en nenos e anciáns), constitución xenética, do exercicio e do tipo de músculo (os grandes músculos teñen febras de maior tamaño). Nunha mostra histolóxica vense unha serie de bandas anisótropas chamadas bandas A. Altérnanse bandas claras e escuras. O miocito posúe varios núcleos, situados na periferia. Excepcionalmente pode haber algún núcleo central. Se existen moitos núcleos centrais debe haber unha patoloxía de base. O músculo estriado debe ser obervado mediante conxelación.
 
Asociadas á membrana plasmática áchanse: [[distrofina]] (que serve de nexo entre fíos intracelulares de [[actina]] e febras extracelulares de [[laminina]]), un [[complexo distroglicano]] e un complexo [[sarcoglicano]].
 
A histoquímica permite diferenciar dous tipos de músculo estriado: branco e vermello. As febras vermellas son de contracción lenta, mentres que as brancas son de contracción rápida. Na especie humana non hai diferenzas significativas na coloración. A musculatura humana posúe febras brancas, vermellas e intermedias, mesturadas en distintas proporcións.