UNIX: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
*pesquisa>investigación
Liña 29:
En [[1965]] formouse un grupo de programadores, incluíndo [[Ken Thompson]], [[Dennis Ritchie]], [[Douglas McIlroy]] e [[Peter Weiner]], nun esforzo conxunto da [[AT&T]] (Laboratorios Bell), da [[General Electric|General Electric (GE)]] e do [[MIT]] (Massachusetts Institute of Technology) para o desenvolvemento dun sistema operativo chamado [[Multics]].
 
O Multics tería que ser un sistema de tempo compartido para unha grande comunidade de usuarios. Non obstante, os recursos computacionais dispoñíbeis na época, particularmente os do computador utilizado, un [[GE 645]], reveláronse insuficientes para as pretensións do proxecto. En [[1969]], a Bell retirouse do proxecto, citando dúas razóns principais : a primeira, que tres institucións con obxectivos dispares dificilmente acadarían unha solución satisfactoria para cada unha delas (o MIT facía pesquisainvestigación, AT&T monopolizaba os servizos de telefonía americanos e a GE quería vender [[computador]]es); a segunda razón citada era que os participantes sufrían da "síndrome do segundo proxecto" e, por iso, querían incluír no Multics todo aquilo que fora excluído dos sistemas experimentais ata entón desenvolvidos.
 
Con todo, en [[1969]], Ken Thompson, usando un computador [[PDP-7]] ocioso, comezou a reescribir o Multics cun concepto menos ambicioso, ao que chamou Unics, usando [[linguaxe ensambladora]] (''assembly''). Máis tarde, [[BríanBrian Kernighan]] mudou o nome do novo sistema para ''UNIX''.
 
Un marco importante foi estabelecido en [[1973]], cando Dennis Ritchie e Ken Thompson reescribiron o UNIX usando a [[linguaxe de programación C]] para un computador [[PDP-11]]. A linguaxe C fora desenvolvida por Ritchie para substituír e superar as limitacións da [[linguaxe de programación B]], desenvolvida por Thompson. O seu uso é considerado como unha das principais razóns para a rápida difusión do UNIX.