Taurotragus oryx: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xoio (conversa | contribucións)
Liña 102:
 
== Poboación e estaus ==
A maior ameaza para o elán común é a expansión dos asentamentos humanos, coa subseguinte perda do seu hábitat, e a caza furtiva pola súa carne.<br>Citando a varios autores, East (1999) indicou que a densidade de poboación estimadas, obtidas por recontos aéreos en áreas onde a especie é moderadamente común xeralmente oscilan entre 0,05 e 0,4 animais/km². Estimacións máis altas (de 0,6 a 1,0 individuos/km²) foron obtidas por outrios recontos aéreos. Estudos en terra en áreas onde a especie é común produciron estimacións de densidades similares.<br>East (1999) calculou unha estimación da poboación total de 136.000 individuos, con poboacións estábel ou aumentando en [[Namibia]], [[Botswana]], [[Zimbabue]], [[Sudáfrica]], [[Malaui]] e posibelmente [[Tanzania]]. A tendencia da poboación varía no sentido de aumentar a diminuír segundo as zonas, adoitando aumentar en terreos privados e diminuír notras áreas.<ref name=U/>
 
En consecuencia, a [[UICN]] cualificou o estado de conervación da especie como ''LC'' (pouco preocupante).</ref name=U/>