Historia do Exipto otomán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Castelao (conversa | contribucións)
Liña 14:
Os continuos cambios de goberno parecen ter motivado que se perdese o control do exército xa a comezos do período de ocupación otomana e a principios do [[século XVII]] os motíns eran frecuentes: en [[1604]] o gobernador [[Ibrahim Pasha]] foi asasinado polos soldados e a súa cabeza foi colocada na [[Bab Zuwflla]]. Estes motíns motivábanse frecuentemente polas tentativas dos sucesivos paxás de pórlle fin á extorsión chamada ''[[tulbah]]'', un pagamento forzado que as tropas esixían para pagar débedas fictícias.
 
En [[1609]] estalou algo parecido a unha guerra civil entre o exército e o paxá, quen tiña ao seu lado a algúns reximentos leais e aos [[beduíno]]s. Os soldados chegaron mesmo a escoller un sultán e a repartírense provisoriamente as rexión do [[Cairo]]. Foron derrotados polo gobernador [[Mahommed Pasha]], quen, o [[5 de febreiro]] de [[1610]] entrou no Cairo en triunfo, executou aos líderes da revolta e desterrou a moitos outros para o [[Iemen]]. Para algúns historiadores isto foi como unha segunda conquista de Exipto polos otomanos. Con efeitoefecto, Mahommed Pasha puxo en práctica unha reforma financeira que reaxustou as cargas impositivas sobre as diferentes comunidades.
 
Cos problemas que aflixían a metrópole, os gobernadores designados a partir de entón foron tratados polos exipcios con cada vez menor respecto. En [[1623]] a [[Sublime Porta|Porta]] destituíu ao gobernador [[Mustafa Pasha]] e designou a [[Ali Pasha]] no seu sitio. Como este non aceptase entregarlles certas cantidades acostumadas aos dignatarios e encarcerase ao líder da delegación que llo pedía, a guarnición de Alexandría rescatou a este e forzou a Ali Pasha a embarcarse. Pouco despóis Constantinopla confirmaba no seu cargo a Mustafa Pasha.