Charles Baudelaire: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mellor Étienne Carjat, Portrait of Charles Baudelaire, circa 1862.jpg
Sen resumo de edición
Liña 28:
Joseph François Baudelaire faleceu en [[1827]], cando Charles tiña seis anos. Deixou unha pequena herdanza. A súa nai mudou de residencia e, aos vinte meses, Caroline casou por conveniencia con [[Jacques Aupick]], un veciño seu de corenta anos que chegaría a ser xeneral comandante da praza forte de [[París]]. É probable que fosen amantes antes de contraeren matrimonio. Baudelaire con iso recibiu un grande impacto emocional, vivíndoo como un abandono. Nunca chegou a ter boas relacións con Aupick.
 
Tralas xornadas revolucionarias de [[1830]], Aupick foi ascendido a tenente coronel pola súa participación na campaña de [[Alxeria]]. Dous anos máis tarde foi nomeado xefe do Estado Maior e trasládase coa súa familia a [[LyonLión]]; alí permaneceron catro anos, estudando Baudelaire no ''[[Collège Royal de Lyon]]'', de cuxo ambiente non gardara bos recordos. Alí o futuro poeta aburríase e tentaba escapar do seu peche.
 
A súa nai, impregnándose da personalidade de Aupick, fórase volvendo cada vez máis ríxida e puritana. No [[1836]] o seu marido ascendeu a xeneral do Estado Maior. Daquela voltan a París, onde Baudelaire é internado no ''[[Collège Louis-lle-Grand]]''; onde ía permanecer durante dous anos e medio. Nesa época le a [[Charles Augustin Sainte-Beuve|Sainte-Beuve]], a Chenier e [[Alfred de Musset|Musset]], a quen máis tarde vai criticar. Alí consegue o título de [[bacharelato]] superior mais, por unha falta aínda descoñecida, foi expulsado.