Porta de Carlos V: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
agrupando notas idénticas
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 5:
A porta é sinxela, de estilo [[Renacemento|renancentista]]-[[plateresco]], con tres corpos ben diferenciados; o acceso fórmase cun [[arco de medio punto]] central adornado por molduras cilíndricas. Aos lados da porta atopamos dous [[Escudo de Viveiro|escudos coas armas da cidade]] enmarcadas con columniñas [[Plateresco|platerescas]]; na banda dereita, o león con coroa real sobre a ponte, e na esquerda os cinco copóns, que representan as cinco antigas igrexas urbanas de Viveiro. Estes dous escudos están recollidos no que posteriormente se converteu no [[Escudo de Viveiro|escudo de Viveiro]]. Sobre o arco unha inscrición moi gastada: ''Hizose esta puerta siendo Corregidor el Licenciado Canosa de Tordesillas''. Por riba da inscrición, no medio e medio da obra áchase o escudo de Carlos V con enmarcación plateresca e frontón triangular, e sobre o mesmo o busto do emperador. O coroamento da porta faise con seis [[troneira]]s flanqueadas por tres [[torricela]]s. No envés da porta, [[camarín]] plateresco con dous escudos e a imaxe do século XVIII de San Roque, antigamente da Virxe dos Desamparados.<ref name=TURG/>
 
== CuriosidadesDatos históricashistóricos ==
{{PendenteArtigo|As seccións de ''curiosidades'' deben ser evitadas. Este artigo pode ser mellorado combinando as informacións útiles e quitando as inapropiadas. Consulte [[Wikipedia:O que a Wikipedia non é]].}}
* A muralla tiña un total de cinco portas. Só se conservan tres, unha é esta.
* O emperador [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos I de España e V de Alemaña]] concedera unha real cédula á vila de Viveiro para a eximir do pagamento de impostos durante un período de tres anos, tras sufrir un grave incendio de setembro de [[1540]].