Cogomelo de pé aveludado: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 36:
O cogomelo adoita medrar nos toros do [[lodoeiro chinés]] (''[[Celtis sinensis]]''), denominado ''enoki'' no Xapón, aínda que tamén poden atoparse noutras árbores coma as [[Moreira (árbore)|moreiras]] ou os [[caquiceiro]]s. A diferenza na aparencia dos cogomelos salvaxes e cultivadas é notoria. Os cogomelos cultivados non están expostos á luz, resultando nunha cor abrancazada, mentres que os bravos soen ter unha cor acastañada escura. Os cogomelos cultivados medran nunha contorna de alta concentración de CO<sub>2</sub> para produciren pés magros e alongados, mentres que os bravos teñen os pés máis curtos e grosos.
A variedade que se atopa nos supermercados é sempre a cultivada, normalmente nunha botella de plástico ou nunha saqueta de vinilo durante 30 días a 15 °C e unha humidade do 70%, nun substrato de [[serraduras]] ou mazaroca de millo, ademais doutros ingredientes. Máis tarde, o cogomelo medra durante outros trinta días nunha contorna máis frío pero máis húmida. O crecemento está restrinxido a un papel de forma cónica para obrigar ao
O cogomelo é moi sinxelo de cultivar e ten crecido no Xapón durante máis de 300 anos, ao comezo en madeira e despois en botellas. Pódense mercar tamén os ''kits'' para o seu cultivo.
|