Chozos do Suído: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Aviso|Este artigo contén algunhas ligazóns externas. Con todo non posúe suficientes notas ao pé (Véxase [[Wikipedia:Verificabilidade]] e [[Wikipedia:Cite as fontes]]).}}
[[Ficheiro:Chozo de Barcia Covelo.JPG|dereita|thumbminiatura|300px|Chozo de Barcia, en [[Covelo]].]]
 
Os '''chozos do Suído'''{{Cómpre referencia}} son unhas [[Arquitectura popular|construcións tradicionais]] senlleiras que se atopan na [[Serra do Suído]] e nas serras achegadas coma a [[Serra do Faro de Avión]] e que consitenconsisten nunha especie de pequenos e sólidos cabaneis de pedra de [[gneis]] que usaban os pastores coma vivenda na alta montaña nos meses de [[estío]] dende a [[Idade Media]] até o [[Século XX|século pasado]]. Seica teñen a súa orixe no [[século XII]],{{Cómpre referencia}} e constitúen en conxunto unha unidade de explotación gandeira de montaña.
 
== Arquitectura ==
Os ''chozos'' son pequenos alpendres dunha peza, de planta xeralmente cadrada (uns 20 m<sup>2</sup>²), sen [[sollado]], e con muros e cuberta en fábrica de [[cachotaría]] de gneis (semellante ao [[granito]]). O espesor dos muros é considerábel (de 0,6 a 0,8 metros) por mor da grande carga que soportan. Malia seren [[Arquitectura popular|construcións vernáculas]] erguéronse nos séculos do [[románico]], e teñen unha clara e singular influencia da arquitectura culta reflectida no uso de rústicos [[arco de medio punto|arcos de medio punto]] (poden ser dende un até tres) para sotersoster unha pesada cuberta a dúas augas arranxada con grandes laxes de [[gneis]] recuberta dunha camada de terra e [[brión]]s para asegurar un illamento no habitáculo. O arco soe formarse de sete [[doela]]s (únicos elementos algo traballados). O [[saimel]] fica integrado na parede e arrinca a uns 60 centímetros do chan. As máis das veces os grosos muros de granito teñen [[contraforte]]s exteriores para aturar as fortes cargas que xeran os arcos co peso do teito. A porta de entrada é un pequeno oco no muro pinche, e debido ao pesado da construcciónconstrución os vans adoitan reducirse. Non existe referencia da existencia de portas de madeira ou outro elemento que pechara o chozo, aínda que sería o ñoxicalóxico para manter a calor no interior e protexerse dos posíbeis ataques de [[lobo]]s. Tamén existe normalmente nos muros laterais unha pequena [[bufarda]] que serve de tiro do fume da lareira e deixa entrar as primeiras raiolas de sol ao abrente. No interirorinterior é común atopar unha [[lareira]], un [[forno]] e [[fornela]]s e [[lacena]]s. Atópanse a uns 900 metros sobre o nivel do mar, nos lugares máis abeirados das montañas, aproveitando as abas nas vertentes sur para se gorecer dos ventos fríos e húmidos do norte. Arredor dos ''chozos'' existen os ''cortellos'' (hoxe medio derruídos), cerrumes feitos con valados de pedra para gardar os becerros de cadansúa familia. Preto dos chozos existía tamén un [[curro]] ou sobeira non moi grande, feito de cachotería, lousas e grandes bloques pétreos. Xa que están construídos coa pedra do lugar e cunha cuberta vexetal, están totalmente integrados na paisaxe da serra.
 
== Uso ==
Os ''chozos'' do Suído construíronos e eran usados polos pastores dos concellos de [[Avión]], [[Beariz]], [[A Lama]], [[Fornelos de Montes]], [[Ribadavia]] e [[Covelo]] de xuño a setembro cando se subía o gado para o aproveitamento dos pasteiros (''sesteiros'') de alta montaña durante o estío. O pastoreo foi nesta zona unha das técnicas de supervivencia máis empregadas. Segundo a época compríacumpría procurar bos pastos, mais a escaseza de vías de comunicación e as grandes distancias que os pastores percorrían facían que pasaran longas tempadas lonxe do fogar. Cada aldea tiña a súa coutada para o pasto. Os chozos servían de acubillo para facer noite no monte, abeiraban das neves, as treboadas e a choivas; tiñan ademais todo tipo de instalacións como [[lavadoiro]]s, [[fonte (arquitectura)|fontenlas]] e lareiras formando un grupo humano de varios moradores cunha grande actividade. Na lareira facíase lume para se quentaren e para facer o xantar, tiñan ademais bancos corridos, lacenas e fornelas onde gardar a roupa. O leito arranxábase no chan feito con [[xesta]]s, [[Toxo arnal|toxos]] e [[fento]]s. A temperatura no interior é fresca e agradábel polo illamento das grosas paredes de cachotes e a cuberta de lousas recuberta de carrizas e mofos. Nas lousas exteriores ou nos bloques do interior adoita haber inscricións cos nomes dos pastores que facían gardas no verán.
 
== Chozos existentes en Avión ==
Liña 21:
 
== Recuperación e turismo ==
Gran parte dos chozos está hoxe en día abandonados, porén algúns teñen sido restaurados polo concello de Avión. Existen diversas rutas de [[sendeirismo]] de diferentes dificultades pola [[serra do Suído]] para poder contemplar estas construcións, ademais un camiño liga todos os chozos existentes e varios camiños (algúns de laxes de pedra) que leva ás vilas achegadas, onde salienta o camiño comercial medieval do viño, o Camiño do Arrieiro, ruta que ia de Ribadavia a [[Santiago de Compostela]].
Pódense ver os chozos subindo por unha estrada que se atopa en Neva, ou por outra que hai no lugar de Mangüeiro ou indo do [[Espiñeiro, Amiudal, Avión|Espiñeiro]], na parroquia da [[Amiudal, Avión|Amiudal]] cara á Hedreira. Existen tamén no lugar [[Foxo de lobo|foxos de lobo]]. O nacemento do [[río Avia]] está á altura dos chozos de Cernadas e San Xusto. Existe unha área de descanso á altura dos Chozos de Carixa e Rodeiro e unha gran fonte de pedra na Chan do Valdohome.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
*[[Branda]]
*[[Brandas]], cortellos e vivendas de verán nas Serras de Soejo e do Gerês, no [[norte de Portugal]], semellantes ás chozas.
*[[Teito]]
*[[Palloza]]
 
=== Bibliografía ===
*[http://www.concelloavion.org/htm/gal/turgal_04.htm Páxina Web do Concello de Avión]
*[http://www.turismoribadavia.com/node/222 Web de Turismo de Ribadavia]
*[http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/OURENSE/avion/chozosuido.html Web Galicia Máxica] (en castelán)]{{Es}}
 
=== Ligazóns externas ===