Grecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Liña 88:
 
[[Ficheiro:Ελευθέριος Βενιζέλος.jpg|miniatura|Eleftherios Venizelos (1864-1936), unha das principais figuras políticas da Grecia moderna, sendo [[Primeiro Ministro de Grecia|Primeiro Ministro]] en reiteradas ocasións, a primeira en 1910 e a última en [[1933]]]]
Grecia é unha [[república parlamentaria]].<ref name="con1">[http://web.archive.org/web/20090324213829/http://www.parliament.gr/english/politeuma/syntagma.pdf The Constitution of Greece: Article 1]</ref> O [[xefe de estado]] é o Presidente da República, quen é elixido polo Parlamento por un período de cinco anos.<ref name="con30">[http://web.archive.org/web/20090324213829/http://www.parliament.gr/english/politeuma/syntagma.pdf The Constitution of Greece: Article 30]</ref> A vixente Constitución foi redactada e adoptada polo parlamento heleno no ano [[1975]], trala caída da xunta militar que gobernou o país entre [[1967]] e [[1974]]. Dende aquela foi revisada dúas veces, a primeira en [[1986]] e a segunda no ano [[2001]]. A Constitución, constituída por 120 artigos, establece a separación de poderes nos poderes [[poder executivo|executivo]], [[poder lexislativo|lexislativo]], e [[poder xudicial|xudicial]], e garante extensas e específicas [[liberdade]]s e dereitos sociais.<ref>P.D. Dagtoglou, ''Individual Rights'', I, 21<br />* E. Venizelos, ''The "Acquis" of the Constitutional Revision'', 131-132, 165-172 </ref>
 
Segundo a constitución, o poder executivo é exercido polo Presidente da República e o goberno.<ref name="con26">[http://web.archive.org/web/20090324213829/http://www.parliament.gr/english/politeuma/syntagma.pdf The Constitution of Greece: Article 26]</ref> A enmenda constitucional de [[1986]] restrinxiu significativamente as obrigacións e deberes do presidente, sendo o seu papel hoxe en día meramente cerimonial.<ref name="M477-478">K. Mavrias, ''Constitutional Law'', 477-478</ref> Dende o [[12 de marzo]] de [[2005]] o Presidente de Grecia é [[Karolos Papoulias]]. A posición do [[Primeiro Ministro de Grecia|Primeiro Ministro]], xefe do goberno de Grecia, pertence á testa do partido político que obteña a maior confianza do parlamento grego. O Presidente da República formalmente elixe ao Primeiro Ministro, é, baixo recomendación, elixe e destitúe aos membros do goberno.<ref name="con37">[http://web.archive.org/web/20090324213829/http://www.parliament.gr/english/politeuma/syntagma.pdf The Constitution of Greece: Article 37]</ref> O Primeiro Ministro exerce vastos poderes políticos, aumentados a conta dos do Presidente na enmenda de [[1986]].<ref name="M477-478-486-487">K. Mavrias, ''Constitutional Law'', 477-478, 486-487</ref> O [[Primeiro Ministro de Grecia]] dende o [[6 de outubro]] de [[2009]] é [[Georgios Papandreu]].
 
O poder lexislativo é exercido por 300 membros do [[Unicameralidade|Parlamento unicameral]].<ref name="con51,53">[http://web.archive.org/web/20090324213829/http://www.parliament.gr/english/politeuma/syntagma.pdf The Constitution of Greece: Articles 51, 53]</ref> Os estatutos aprobados polo Parlamento son promulgados polo Presidente da República.<ref name="con42">[http://web.archive.org/web/20090324213829/http://www.parliament.gr/english/politeuma/syntagma.pdf The Constitution of Greece: Article 42]</ref> As eleccións parlamentarias teñen lugar cada catro anos, máis, o Presidente da República está obrigado a disolve-las cortes no caso de que o goberno o propoña en caso de acontecer asunto nacional de extrema importancia.<ref name="con41">[http://web.archive.org/web/20090324213829/http://www.parliament.gr/english/politeuma/syntagma.pdf The Constitution of Greece: Article 41]</ref> O Presidente está obrigado tamén a disolver o Parlamento, no caso de que a oposición sexa quen de levar a cabo unha moción de censura.<ref name="con84">[http://web.archive.org/web/20090324213829/http://www.parliament.gr/english/politeuma/syntagma.pdf The Constitution of Greece: Article 84]</ref>
 
O [[poder xudicial]] é independente do executivo e do lexislativo é abrangue tres Cortes Supremas. O sistema xudicial componse tamén de cortes civís, encargadas de xulgar casos civís e penais e cortes administrativas, encargadas de xulgar disputas entre os civís e as autoridades gregas. Dende a restauración da [[democracia]], o sistema bipartidista grego atópase dominado polos partidos Nova Democracia (liberalconservativo) e Movemento Socialista Panhelénico ([[Socialdemocracia|socialdemócrata]]).<ref>Para unha análise diacrónica do sistema de partidos grego véxase ''Transformation of the Greek Party System Since 1951'' de T. Pappas, 90-114, que distingue tres tipos distintos de sistemas partidarios que se desenvolveron en orde consecutiva, chamados sistema de partido predominante (de 1952 a 1963), sistema de pluralismo polarizado (entre 1963 e 1981), e sistema bipartidista (dende 1981).</ref> Xunto aos grandes partidos, existen outros partidos minoritarios como o Partido Comunista de Grecia, a Coalición Radical de Esquerda e a Unión Popular Ortodoxa.
Liña 223:
{{AP|Demografía de Grecia}}
[[Ficheiro:Syros Ermoupoli view.jpg|miniatura|Hermoupolis, na illa de [[Siros]], é a capital das illas [[Cícladas]]]]
O corpo oficial de estatísticas de Grecia é o Servizo Nacional de Estatísticas de Grecia (en [[grego moderno|grego]] ''Εθνική Στατιστική Υπηρεσία της Ελλάδος''). Segundo o corpo de estatísticas grego, Grecia tiña unha poboación total de 10,964,020 ([[2001]])<ref name=nssg>[http://web.archive.org/web/20080408183809/http://www.statistics.gr/eng_tables/hellas_in_numbers_eng.pdf Greece in Numbers National Statistical Service of Greece]</ref>, dos cales 5.427.682 eran homes e 5.536.338 mulleres.<ref name=nssg/> As estatísticas de [[1971]], [[1981]], e [[2001]] amosan un progresivo envellecemento da poboación grega.<ref name=nssg/> A [[taxa de natalidade]] no ano [[2003]] era de 9,5 por cada 1.000 habitantes (14,5/1.000 no ano [[1981]]). Ao mesmo tempo a [[taxa de mortalidade]] subiu do 8,9 por 1.000 habitantes no ano 1981, aos 9,6/1.000 no ano 2003. En [[2001]], o 16,71% da poboación tiña máis de 65 anos, un 68,12% atopábase entre os 15 e os 64 anos de idade, e un 15,18% tiña 14 anos ou menos.<ref name=nssg/> En [[1971]] as cifras eran do 10,92%, 63,72%, e 25,36% respectively.<ref name=nssg/> A sociedade grega sufriu un grande cambio nas últimas décadas. Os ratios de casamentos vén baixando nas últimas décadas dende o 71 por 1.000 do [[1981|81]] ata [[2002]], medrando lixeiramente ata os 61 por 1.000 no [[2003]] e caendo de novo ata os 51 en [[2004]].<ref name=nssg/> Por outro lado, os ratios de divorcio vén medrando dende os 191,2 por 1.000 en [[1991]] aos 239,5 do [[2004]].<ref name=nssg/>
=== Cidades ===
Case dous terzos dos gregos viven en áreas urbanas, as dúas grandes áreas metropolitanas do país son Atenas e Salónica. Na lista de abaixo están as vinte principais cidades gregas, coa poboación segundo datos oficiais das súas aglomeracións urbanas, que pode incluír varios concellos.