República Checa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
elimino frase sen sentido
Liña 82:
O [[século XIV]], especialmente durante o reinado de [[Carlos IV de Luxemburgo|Carlos IV]] ([[1342]] a [[1378]]), considérase a idade de ouro da historia checa. De particular importancia foi a fundación da [[Universidade Carolina de Praga]] en [[1348]]. A [[peste negra]], que azoutou Europa dende [[1347]] até [[1352]], decimou o Reino de Bohemia en [[1380]], matando preto do 10 % da poboación.
 
No [[século XV]], o reformista relixioso e social [[Jan Hus]] formou un movemento, o cal posteriormente recibiu o seu nome. A pesar de que Hus foi chamado [[Herexía|herexe]] e queimado en [[Constanza]] en [[1415]], os seus seguidores separáronse da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] e nas [[guerras husitas]] ([[1419]]-[[1434]]) derrotaron a cinco [[cruzadas]] organizadas na súa contra polo [[Lista de emperadores do Sacro Imperio Romano|Sacro Emperador Romano]] [[Sexismundo do Sacro Imperio Romano Xermánico|Sexismundo]]. Petr Chelčický co movemento de reforma husita checo.
 
Durante os seguintes dous séculos, o 90 % da poboación converteuse á corrente husitas do [[protestantismo]]. Despois de [[1526]] Bohemia foi caendo cada vez máis baixo o control dos [[Habsburgo]], primeiro elixidos de xeito democrático para pasar ser despois gobernantes hereditarios. A [[Defenestracións de Praga|defenestración de Praga]] e a posterior rebelión contra os Habsburgo en [[1618]] marcou o inicio da [[Guerra dos Trinta Anos]], que se estendeu rapidamente en toda Europa Central. En [[1620]], a rebelión foi esmagada en Bohemia na [[Batalla da Montaña Branca]] e os vínculos entre Bohemia e as terras dos Habsburgo en Austria fortalecéronse. A guerra tivo un efecto devastador na poboación local, á xente déuselle a opción de ou converterse ao catolicismo ou abandonar o país.