Loureiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 22:
Na [[Grecia Antiga]] as coroas confeccionadas con ramos de loureiro eran o símbolo da vitoria para os atletas e heroes nacionais. Ese costume tamén se herdou na [[Roma]] na época dos Césares. Por iso o termo laureado deriva xustamente do xénero ''Laurus''.
 
En [[Galicia]] ademais do seu cultivo forma parte da vexetación espontánea, xeralmente en lugares húmidos, noiros, socalcos e pretos dos regos. Recibe tamén o nome de '''gamallo'''<ref>{{DRAG-PdP|termo_DRAG=gamallo}}</ref>. Un estudo recente encontrou que as estacións nativas clasificadas como ''L. nobilis'' no norte de España (en Galicia por exemplo) estaban máis preto xenética e morfoloxicamente de ''L. azorica'' que da poboación de ''L. nobilis'' nativa en [[Francia]] e [[Italia]]<ref>Arroyo-García, R., Martínez-Zapater, J.M., Fernández Prieto, J.A., & Álvarez-Arbesú R. (2001). AFLP evaluation of genetic similarity among laurel populations. ''Euphytica'' 122 (1): 155-164.</ref> É certo que en Galicia os loureiros soen medrar en ambientes moi húmidos, moito máis ca nos que medra o loureiro común mediterráneo.
 
== Descrición ==