Sociedade Deportiva Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 34:
== Historia ==
=== Orixes e antecedentes (1928-1962) ===
En 1928 varios estudantes de [[Santiago de Compostela]] decidiron fundar da man de Ramón Castromil Casal o '''Compostela Foot-ball Club''', que militou na [[Primeira Autonómica de Galicia|Serie B galega]] até o estalido da [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]], estando considerado daquela o mellor equipo da cidade. Xogaba os seus encontros no antigo campo da [[A Choupana|Choupana]], sendo algúns dos xogadores máis destacados daquela época Pachuco, Jesús Porto Aldrey, os irmáns Pombo, o propio Ramón Castromil ou o futuro refundador da entidade, Elisardo García.
 
A comezos da década dos 40, Ramón Castromil volveu fundar o club con pouco éxito debido ás dificultades da posguerra, vendo entre outras cousas, como o antigo campo da Choupana desaparecera para construírse no seu lugar o Hospital Gil Casares. Nesa época, o decreto do Estado que impedía os estranxeirismos fixo mudar o nome do club a ''Compostela Club de Fútbol'', sendo popularmente coñecido como ''Club Compostela''. Finalmente, a importancia adquirida polo club anos atrás desaparece en 1946 cando se ve superado pola relevancia do ''Club Deportivo Santiago'', antigo ''Racing Club San Lorenzo'', e remata por desaparecer en detrimento deste e do ''Club Arenal''.
Liña 376:
O terreo de xogo atópase rodeado por unha pista de atletismo, mentres que nos arredores do estadio, o club dispón dun campo de fútbol anexo para os adestramentos, cunhas dimensións de 105 x 68 metros. Conta ademais cun aparcadoiro ao redor do recinto con capacidade para 2.000 vehículos.
 
Até a inauguración do novo estadio, o equipo xogou en distintos campos da cidade, sendo o más lembrado o [[Campo Municipal de Santa Isabel]], en [[Vista Alegre, Santiago de Compostela|Vista Alegre]], ao que accedeu tras xogar previamente en campos como o [[Estadio de Atletismo da USC|Estadio da residencia universitaria]] o o antigo campo da [[A Choupana|Choupana]].
 
==Datos do club==