Sociedade Deportiva Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 5:
| alcume = ''Compos'';<br>''Esedé'';<br>''Picheleiros''
| fundacion = 26 de xuño de 1962
| estadio = [[Estadio Multiusos de San Lázaro|Multiusos de San Lázaro]],<br>[[Santiago de Compostela]], [[GaliciaGaliza]]
| capacidade = 13.000
| inauguracion = 24 de xuño de 1993
Liña 21:
| leftarm2=FB472C|body2=FB472C|rightarm2=FB472C|shorts2=FB472C|socks2=FB472C|
}}
A '''Sociedade Deportiva Compostela''' é un equipo de [[fútbol]] [[GaliciaGaliza|galego]] da cidade de [[Santiago de Compostela]]. Foi fundado o 26 de xuño de 1962 e participa na actualidade, na [[Segunda División B española 2014/15|tempada 2014/15]], no [[Segunda División B española|Grupo I da Segunda División B]], terceira categoría do fútbol español, tras ascender na [[Terceira división española 2012/13|tempada 2012/13]]. É considerado un dos equipos históricos de [[Galiza]] por historia e tradición,<ref>{{cita web|autor=Ayuntamiento de Ames|título=Bertamiráns FC recibe al líder de la categoría, la SD Compostela|url=http://www.concellodeames.org/nova.php?idioma=es&noticia=7226&sec=32|fechaacceso=27 de diciembre de 2012}}</ref> sendo o cuarto equipo do [[Galicia|país]] en debutar na [[Primeira División española|Primeira División]], máxima categoría da [[Liga Nacional de Fútbol Profesional]], tras o [[Real Club Celta de Vigo]], o [[Real Club Deportivo da Coruña]] e o [[Pontevedra Club de Fútbol]], e situándose como o terceiro mellor equipo galego na [[Clasificación histórica da Primeira división española de fútbol|Clasificación histórica de Primeira]], na que ocupa o posto 39º, tras vigueses e coruñeses, pese a disputala tan só catro tempadas, desde a [[Primeira división española 1994/95|1994/95]] até a [[Primeira división española 1997/98|1997/98]].
 
==Nome do club==
Liña 36:
En 1928 varios estudantes de [[Santiago de Compostela]] decidiron fundar da man de Ramón Castromil Casal o '''Compostela Foot-ball Club''', que militou na [[Primeira Autonómica de Galicia|Serie B galega]] até o estalido da [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]], estando considerado daquela o mellor equipo da cidade. Xogaba os seus encontros no antigo campo da [[A Choupana|Choupana]], sendo algúns dos xogadores máis destacados daquela época Pachuco, Jesús Porto Aldrey, os irmáns Pombo, o propio Ramón Castromil ou o futuro refundador da entidade, Elisardo García.
 
A comezos da década dos 40, Ramón Castromil volveu fundar o club con pouco éxito debido ás dificultades da posguerra, vendo entre outras cousas, como o antigo campo da [[A Choupana|Choupana]] desaparecera para construírse no seu lugar o Hospital Gil Casares. Nesa época, o decreto do Estado que impedía os estranxeirismos fixo mudar o nome do club a ''Compostela Club de Fútbol'', sendo popularmente coñecido como ''Club Compostela''. Finalmente, a importancia adquirida polo club anos atrás desaparece en 1946 cando se ve superado pola relevancia do ''Club Deportivo Santiago'', antigo ''Racing Club San Lorenzo'', e remata por desaparecer en detrimento deste e do ''Club Arenal''.
 
=== Nacemento da Sociedade Deportiva Compostela, crecemento e gloria ===
Coa desaparición do Club Santiago no ano 1962, e coa escasa relevancia do ''Club Arenal'' na cidade de [[Santiago de Compostela|Santiago]], varios ex socios do desaparecido ''Club Compostela'' decidiron fundar unha nova entidade o 26 de xuño de 1962, comezando de novo nas divisións rexionais galegas, baixo o nome de '''Sociedade Recreativa Compostela'''. O 28 de outubro do mesmo ano, o ''Club Arenal'' fusionouse coa ''SR Compostela'' pasando o club a denominarse '''Sociedade Deportiva Compostela''' e pasando o ''Club Arenal'' a desempeñar as funcións de equipo filial. Tras varios anos alternando a [[Preferente Autonómica de Galicia|Serie A rexional]] e a [[Terceira División española|Terceira división]], logrou o ascenso á [[Segunda División B española|Segunda división B]] na tempada da creación da categoría, a [[Segunda división B española 1977/78|1977/78]].
 
Desde entón e durante os anos oitenta, a SD Compostela alternou a [[Segunda División B española|Segunda B]] coa [[Terceira División española|Terceira]] até que a finais da década a historia do club mudaría para sempre coa chegada á presidencia do empresario santiagués do sector da electricidade [[José María Caneda]] en 1988, e a incorporación en 1989 do adestrador [[Fernando Castro Santos]].<ref>[http://www.anosaterra.org/nova/que-foi-do-compos-hai-dez-anos-en-primeira-.html "Que foi do Compostela, hai dez anos en primeira?"], ''[[A Nosa Terra (1977)|A Nosa Terra]]'', 26 de outubro de 2008.</ref>
Liña 91:
 
=== O rexurdimento: I Parte ===
Ao mesmo tempo que se iniciaba o proceso de liquidación da [[sociedade anónima]] SD Compostela, creouse en 2004 en Santiago de Compostela outro club (''SD Campus Stellae'') que herdou a xestión e explotación dos dereitos deportivos do club compostelán baixo a fórmula de cesión ao mesmo tempo que asumiu a xestión dos equipos deportivos da sociedade anónima en liquidación. O ex presidente [[José María Caneda]] adquiriu na subhasta pública o nome "''SD Compostela"'', e posteriormente pasou a ocupar a presidencia da ''SD Campus Stellae''. Esta operación permitiu ''refundar'' o equipo, xa que xuridicamente se trataba doutro club (''SD Campus Stellae'') que carecía de débedas e que xestionaba os equipos deportivos da entidade que estaba a ser liquidada, utilizando a marca deportiva ''SD Compostela''.<ref>http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2011/01/30/0003_201101G30P60992.htm</ref> Isto permitiulle competir en categorías nacionais con este nome, pese á oposición dos administradores concursais do equipo.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/09/07/5087807.shtml Los administradores desautorizan a Caneda ] (La Voz de Galicia, 07.09.2006)</ref>
 
Tras catro tempadas en [[Preferente Autonómica de Galicia|Preferente Autonómica]], desde 2004 a 2008, finalmente o club conseguiu o ascenso a [[Terceira División española|Terceira]] na [[Preferente Autonómica de Galicia 2007/2008|tempada 2007/2008]], e iniciou a [[Terceira División española 2008/2009|tempada 2008/2009]] co obxectivo de ascender á [[Segunda División B española]], conseguíndoo ao final da campaña tras proclamarse campión e imporse na promoción de ascenso ao Atlético Monzón aragonés (3-0 e 2-1).<ref>[http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=561&int1=301961&idGaleria=1983 "El Compostela regresa a tercera"], ''[[El Correo Gallego]]''.</ref>
Liña 98:
A [[Segunda División B española 2009/10|tempada 2009/10]] non foi boa para a SD Compostela e de novo volveron repetirse os mesmos erros do pasado. Así, os impagamentos continuados, as ameazas de folga por parte dos xogadores, moitas débedas e un mal inicio de liga, condenaron á SD Compostela ao descenso, que se fixo oficial a falta dunhas xornadas para o final da liga. A tempada foi moi mala pero tivo os seus bos momentos, como ser o primeiro equipo en puntuar en [[Estadio Municipal de Ipurua|Ipurua]], feudo da [[SD Eibar]], tras ir perdendo 2-0, ou as vitorias a domicilio nos derbis xogados en [[Estadio Municipal de Pasarón|Pasarón]] e na [[Estadio Municipal da Malata|Malata]] ante o [[Pontevedra CF]] e o [[Racing de Ferrol]].
 
Tras esa desastrosa [[Segunda División B española 2009/10|tempada 2009/10]], a tempada seguinte o Compos volveu a [[Preferente Autonómica de Galicia|Preferente Autonómica]], acumulando de novo ao descenso deportivo un descenso administrativo por impagamentos,<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2010/08/02/00031280767408122209270.htm?idioma=galego "O Compostela descende a Preferente"], artigo en ''[[La Voz de Galicia]]'', 2 de agosto de 2010.</ref> ao tempo que a [[Federación Galega de Fútbol]] instaba ao club a utilizar o nome de ''SD Campus Stellae'' e non o de ''SD Compostela'' que viña utilizando normalmente.<ref>http://sd-compostela.blogspot.com.es/2010/08/entrevista-al-presi-gayoso-en-la-voz-de.html</ref> Ademais, ese mesmo ano producíase o arquivo definitivo do concurso da sociedade anónima deportiva.<ref>https://www.boe.es/boe/dias/2011/01/26/pdfs/BOE-B-2011-2537.pdf</ref>
 
=== O rexurdimento: II Parte ===
En febreiro de 2011, Antonio Quinteiro, un empresario de [[Lestedo, Boqueixón|Lestedo]] que de xove xogara nas categorías inferiores do club, comproulle o club a [[José María Caneda|Caneda]] coa intención de sanealo e de levalo de novo a categoría profesional.<ref>http://sd-compostela.blogspot.com.es/2011/02/es-definitivo.html</ref> Así, unha directiva renovada, procedente da área empresarial e profesional e coñecedora do mundo futbolístico, fíxose cargo dun equipo que ía á deriva a comezos de 2011 tras adquirir todos os dereitos legais, facer fronte ás débedas acumuladas e lograr a recuperación do nome fundacional,<ref> [http://www.elpais.com/articulo/Galicia/nuevo/futuro/Compostela/elpepiautgal/20110314elpgal_12/Tes]</ref> extremo confirmado pola [[Federación Galega de Fútbol|FGF]] o 22 de xullo de 2011.<ref>http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2011/07/23/0003_201107S23C10996.htm</ref> Desde entón a entidade volve denominarse ''SD Compostela'' e ten entre os seus retos inmediatos volver ás categorías de honra do fútbol español co apoio de toda a cidade e a comarca. Nesa primeira tempada do novo equipo directivo, a [[Preferente Autonómica de Galicia 2010/11|2010/2011]], o equipo logrou endereitar o rumbo na segunda volta, pero rematou a liga na oitava posición, lonxe dos postos de ascenso.
 
A seguinte campaña, a primeira completa de Quinteiro á fronte da nave compostelanista, o equipo proclamouse campión da [[Preferente Autonómica de Galicia 2011/12]] e ascendeu á [[Terceira División española|Terceira división]] da man do adestrador [[Anxo Casalderrey]], xusto no ano do seu 50 aniversario. Tan só un ano máis tarde, e xa con [[Alfredo Álvarez Paredes|Fredi Álvarez]] como adestrador, rematou a [[Terceira división española 2012/13|fase regular da Terceira]] ocupando o terceiro posto, o que lle outorgou o dereito a participar na fase de ascenso a [[Segunda División B española|Segunda B]]. O 30 de xuño de 2013 conseguiu o ansiado ascenso á [[Segunda División B española|categoría de bronce do fútbol español]] ao superar ao CD Cieza (2-0 e 0-2) na terceira eliminatoria do playoff, tras eliminar previamente ao CD Ebro (4-0 e 2-2) e á AD San Juan (3-0 e 1-1).