Sociedade Deportiva Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 34:
== Historia ==
=== Orixes e antecedentes (1928-1962) ===
En 1928 varios estudantes de [[Santiago de Compostela]] decidiron fundar da man de Ramón Castromil Casal o '''Compostela Foot-ball Club''', que militou na [[Primeira Autonómica de Galicia|Serie B galega]] até o estalido da [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]], estando considerado daquela o mellor equipo da cidade. Xogaba os seus encontros no antigo campo da [[A Choupana|Choupana]], sendo algúns dos xogadores máis destacados daquela época Pachuco, Jesús Porto Aldrey, os irmáns Pombo, o propio Ramón Castromil ou o futuro refundador da entidade, Elisardo García.
 
A comezos da década dos 40, Ramón Castromil volveu fundar o club con pouco éxito debido ás dificultades da posguerra, vendo entre outras cousas, como o antigo campo da [[A Choupana|Choupana]] desaparecera para construírse no seu lugar o Hospital Gil Casares. Nesa época, o decreto do Estado que impedía os estranxeirismos fixo mudar o nome do club a ''Compostela Club de Fútbol'', sendo popularmente coñecido como ''Club Compostela''. Finalmente, a importancia adquirida polo club anos atrás desaparece en 1946 cando se ve superado pola relevancia do Club Deportivo Santiago, antigo Racing Club San Lorenzo, e remata por desaparecer en detrimento deste e do Club Arenal.
 
=== Nacemento da Sociedade Deportiva Compostela, crecemento e gloria ===
Coa desaparición do Club Santiago no ano 1962, e coa escasa relevancia do Club Arenal na cidade de Santiago, varios ex socios do desaparecido Club Compostela decidiron fundar unha nova entidade o 26 de xuño de 1962, comezando de novo nas divisións rexionais galegas, baixo o nome de '''Sociedade Recreativa Compostela'''. O 28 de outubro do mesmo ano, o Club Arenal fusionouse coa SR Compostela pasando o club a denominarse '''Sociedade Deportiva Compostela''' e pasando o Club Arenal a desempeñar as funcións de equipo filial. Tras varios anos alternando a [[Preferente Autonómica de Galicia|Serie A rexional]] e a [[Terceira División española|Terceira división]], logrou o ascenso á [[Segunda División B española|Segunda división B]] na tempada da creación da categoría, a [[Segunda división B española 1977/78|1977/78]].
Liña 42 ⟶ 44:
Na primeira tempada deste, a [[Terceira división española 1989/90|1989/90]], o equipo regresou á [[Segunda división B española|Segunda B]], e ao ano seguinte, na [[Segunda división B española 1990/91|tempada 1990/91]], logrou ascender á [[segunda división española|Segunda división]] por primeira vez na súa historia logo de quedar terceiro na fase regular e de vencer no grupo de ascenso, superando no mesmo a [[Club Deportivo Alcoyano]], [[CD Badajoz]] e [[Deportivo Alavés]].
 
O equipo permaneceu na [[segunda división española|Segunda división]] durante tres tempadas: na primeira, a [[Segunda división española 1991/92|1991/92]], quedou sexto, na segunda, a [[Segunda división española 1992/93|1992/93]], duodécimo, e finalmente na terceira, a [[Segunda división española 1993/94|1993/94]], a SDo Compostela quedoufoi de terceiraterceiro e xogou a promoción de ascenso a [[primeira división española|Primeira división]] fronte ao [[Rayo Vallecano|Raio Vallecano de Madrid]]. Tras remataren ambos encontros en empate (1-1 no [[Campo de Fútbol de Vallecas]] e 0-0 en [[Estadio Multiusos de San Lázaro|San Lázaro]]), disputouse un terceiro xogo de desempate nun campo neutral, o [[Estadio Carlos Tartiere]] de [[Oviedo]], que rematou coa vitoria compostelá por 3 a 1, con goles de [[Christopher Nusa Ohen|Ohen]] (2) e José, e que supuxo o ascenso da ''Esedé'' á [[primeira división española|Primeira división]]. O equipo titular dese partido estivo formado por Iru, [[Modesto II]], Tocornal, [[Modesto I]], Bellido, [[Alberto Bodelón|Bodelón]], [[Agustín Abadía|Abadía]], [[Fabiano Soares Pessoa|Fabiano]], [[Pichi Lucas]], [[Christopher Nusa Ohen|Ohen]] e [[Suso Moure]]. Tamén xogaron Víctor e José.<ref>http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1994/06/02/pagina-28/1295069/pdf.html#</ref>
 
A SD Compostela xogou na [[Primeira división española|Primeira división]] catro tempadas consecutivas, de 1994 1998. E tras acadar na primeira delas, a [[Primeira división española 1994/95|1994/95]], a salvación na derradeira xornada na casa ao vencer por 2-0 ao [[CD Tenerife]], púxose punto e final a sete anos de exitosa traxectoria de [[Fernando Castro Santos]] á fronte do equipo. Para a tempada [[Primeira división española 1995/96|1995/96]] o equipo contratou como adestrador a un por aquel entón descoñecido no fútbol profesional [[Fernando Vázquez]], sendo precisamente ese ano cando o equipo asinou a súa mellor tempada da historia, chegando a ser subcampión de inverno só por detrás do [[Atlético de Madrid]] ao termo da primeira volta, para rematar a liga nunha digna décima posición. O equipo xogou en [[Primeira división española|Primeira división]] dúas tempadas máis, a [[Primeira división española 1996/97|1996/97]] e a [[Primeira división española 1997/98|1997/98]], rematando nesta última no posto décimo sétimo e descendendo a [[Segunda división española|Segunda división]] tras perder a promoción contra o [[Villarreal CF|Vilarreal CF]] polo valor dobre dos goles fóra de casa (0-0 no [[Estadio El Madrigal|Estadio do Madrigal]] e 1-1 en [[Estadio Multiusos de San Lázaro|San Lázaro]]).
Liña 76 ⟶ 78:
{{Fs end}}
</center>
 
 
O presidente da entidade tomou o descenso como unha tempada de transición, e tentou recuperar a [[Primeira división española|máxima categoría]]. Para isto non escatimou en gastos, mantendo boa parte da formación anterior e fichando outros xogadores de renome, como os internacionais [[Fernando Martínez Perales|Nando]] e [[Dmitri Radchenko]]. Porén, o equipo quedou oitavo, e os problemas económicos comezaron a facerse patentes. Así as cousas, na seguinte campaña, a [[Segunda división española 1999/00|1999/00]], o equipo estivo a piques de descender, e finalmente na tempada [[Segunda división española 2000/01|2000/01]] descendeu a [[Segunda División B Española|Segunda B]] tras rematar a liga no posto décimo noveno da clasificación.
Liña 87 ⟶ 88:
 
=== O afundimento: I Parte ===
Tras o descenso e a marcha da inmensa maioría dos xogadores que non perceberan as súas débedas, a formación compostelá afrontou a tempada con moi poucos efectivos e finalmente, tras unha pésima campaña na que os problemas económicos non desapareceron, a SD Compostela rematou a [[Segunda división B española 2003/2004| tempada 2003/2004]] en penúltima posición do Grupo II de [[Segunda B]] consumando o seu descenso á [[Terceira División española|Terceira división]]. Mais o impagamento das débedas contraídas con xogadores e empresas, estimadas en máis de mil millóns de [[peseta]]s, provocou ademais un novo descenso administrativo, desta vez á [[Preferente Autonómica de Galicia|Preferente Autonómica galega]], categoría á que o ''Compos'' voltaba case trinta anos despois. Así as cousas, e co club ao bordo da desaparición,<ref>[http://www.libertaddigital.com:83/php3/noticia.php3?fecha_edi_on=2004-04-12&num_edi_on=1371&cpn=1276219971&seccion=DEP_D "El Compostela, al borde de la desaparición al reconocer los accionistas que no pueden pagar la deuda"] ''Libertad Digital'', 12 de abril de 2004 {{es}}.</ref> nese mesmo ano 2004 o consello de administración aprobou iniciar o proceso de liquidación da entidade, pese á oposición dalgúns socios e do ex presidente, [[José María Caneda]]. No verán de 2006 subhastáronse todos os bens do equipo, incluídos os trofeos do club, a marca ''SD Compostela'', os accesorios de lavandería, os coches do club, o material de oficina ou os sistemas de calefacción.<ref>[http://www.elcorreogallego.es/index.php?idEdicion=168&idNoticia=50608. Se puso en marcha la subasta de los bienes del Compostela] (El Correo Gallego, 01.06.2006)</ref> Nesa subhasta o ex presidente José Albarrán pagou 61.000 euros por todos os trofeos logrados polo equipo nos seus máis de 40 anos de historia para que estes non se perderan.<ref>[http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idEdicion=202&idNoticia=61618 El ex presidente José Albarrán pagará 61.260 euros por los trofeos de la SD] (Galicia Hoxe, 4.7.2006) </ref>
 
=== O rexurdimento: I Parte ===
Liña 97 ⟶ 98:
A [[Segunda División B española 2009/10|tempada 2009/10]] non foi boa para a SD Compostela e de novo volveron repetirse os mesmos erros do pasado. Así, os impagamentos continuados, as ameazas de folga por parte dos xogadores, moitas débedas e un mal inicio de liga, condenaron á SD Compostela ao descenso, que se fixo oficial a falta dunhas xornadas para o final da liga. A tempada foi moi mala pero tivo os seus bos momentos, como ser o primeiro equipo en puntuar en [[Estadio Municipal de Ipurua|Ipurua]], feudo da [[SD Eibar]], tras ir perdendo 2-0, ou as vitorias a domicilio nos derbis xogados en [[Estadio Municipal de Pasarón|Pasarón]] e na [[Estadio Municipal da Malata|Malata]] ante o [[Pontevedra CF]] e o [[Racing de Ferrol]].
 
Tras aesa desastrosa [[Segunda División B española2009española 2009/10|tempada 2009/10]] en [[Segunda División B española]], a tempada seguinte o Compos volveu a [[Preferente Autonómica de Galicia|Preferente Autonómica]], acumulando de novo ao descenso deportivo un descenso administrativo por impagamentos,<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2010/08/02/00031280767408122209270.htm?idioma=galego "O Compostela descende a Preferente"], artigo en ''[[La Voz de Galicia]]'', 2 de agosto de 2010.</ref> ao tempo que a [[Federación Galega de Fútbol]] instaba ao club a utilizar o nome de SD Campus Stellae e non o de SD Compostela que viña utilizando normalmente.<ref>http://sd-compostela.blogspot.com.es/2010/08/entrevista-al-presi-gayoso-en-la-voz-de.html</ref> Ademais, ese mesmo ano producíase o arquivo definitivo do concurso da sociedade anónima deportiva.<ref>https://www.boe.es/boe/dias/2011/01/26/pdfs/BOE-B-2011-2537.pdf</ref>
 
=== O rexurdimento: II Parte ===
En febreiro de 2011, Antonio Quinteiro, un empresario de [[Lestedo]] que de xove xogara nas categorías inferiores do club, comproulle o club a [[José María Caneda|Caneda]] coa intención de sanealo e de levalo de novo a categoría profesional.<ref>http://sd-compostela.blogspot.com.es/2011/02/es-definitivo.html</ref> Así, unha directiva renovada, procedente da área empresarial e profesional e coñecedora do mundo futbolístico, fíxose cargo dun equipo que ía á deriva a comezos de 2011 tras adquirir todos os dereitos legais, facer fronte ás débedas acumuladas e lograr a recuperación do nome fundacional,<ref> [http://www.elpais.com/articulo/Galicia/nuevo/futuro/Compostela/elpepiautgal/20110314elpgal_12/Tes]</ref> extremo confirmado pola [[Federación Galega de Fútbol|FGF]] o 22 de xullo de 2011.<ref>http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2011/07/23/0003_201107S23C10996.htm</ref> Desde entón a entidade volve denominarse SD Compostela e ten entre os seus retos inmediatos volver ás categorías de honra do fútbol español co apoio de toda a cidade e a comarca. Nesa primeira tempada do novo equipo directivo, a [[Preferente Autonómica de Galicia 2010/11|2010/2011]], o equipo logrou endereitar o rumbo na segunda volta, pero rematou a liga na oitava posición, lonxe dos postos de ascenso.
 
A seguinte campaña, a primeira completa de Quinteiro á fronte da nave compostelanista, o equipo proclamouse campión da [[Preferente Autonómica de Galicia 2011/12]] e ascendeu á [[Terceira División española|Terceira división]] da man do adestrador [[Anxo Casalderrey]], xusto no ano do seu 50 aniversario. Tan só un ano máis tarde, e coxa [[Moaña|moañés]]con [[Alfredo Álvarez Paredes|Fredi Álvarez]] como adestrador, rematou a [[Terceira división española 2012/13|fase regular da Terceira]] ocupando o terceiro posto, o que lle outorgou o dereito a participar na fase de ascenso a [[Segunda División B española|Segunda B]]. O 30 de xuño de 2013 conseguiu o ansiado ascenso á [[Segunda División B española|categoría de bronce do fútbol español]] ao superar ao CD Cieza (2-0 e 0-2) na terceira eliminatoria do playoff, tras eliminar previamente ao CD Ebro (4-0 e 2-2) e á AD San Juan (3-0 e 1-1).
 
No seu regreso á [[Segunda División B española|Segunda B]], o equipo dirixido por [[Alfredo Álvarez Paredes|Fredi]] rematou a [[Segunda división B española 2013/14|tempada 2013/14]] en décimo terceira posición, logrando así a permanencia.