Folión dos carros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m Engado pregoeiros e mais datos
Liña 1:
[[Ficheiro:Folión_de_carros_2013_(Chantada).JPG|miniatura|300px|Folión de carros 2013]]
O '''Folión dos carros''' é un encontro celebrado en [[Chantada]] o sábado das festas patronais. A data e variable e pode coincidir o último ou penúltimo sábado do mes de [[agosto]]. Consiste na representación de oficios ou de escenas tradicionais da comarca, como as tarefas do [[agro]], a [[vendima]], a [[matanza do porco]] ou as [[feira]]s. Está declarada [[Festa de interese turístico de Galicia]].
 
==Características==
 
O seu orixe remóntase a [[Idade Media]], onde os gremios mostraban os seus oficios un dia o ano. O evento ten lugar sobre escenarios móbil. Orixinalmente eran os típicos [[carro]]s galegos, pero na actualidade, por mor da complexidade das representacións, pode chegar a ser ata unha plataforma de camión. Porén, a tracción dos carros ou vehículos ten que ser unha xugada de vacas, sen permitirse vehículos de tracción mecánica. Este feito convértese tamén nun dos principais perigos que ameazan coa extinción desta celebración, dado que cada vez é máis difícil atopar os animais axeitados, xa que as [[vaca]]s hoxe en día dedícanse a produción de [[leite]] e [[carne]], non sendo adoitadas para tarefas de tiro.
 
Na actualidade está organizado pola asociación Amigos do Folión.
 
==Pregoeiros==
 
* 2001 - [[Homero Pérez Quintana]] (director xeral de Promoción Cultural en 2001) <ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2001/08/26/714612.shtml?idioma=galego "Chantada acolleu o Folión máis concorrido que se recorda"], nova no xornal ''[[La Voz de Galicia]]'', 26 de Agosto de 2001</ref>
* 2014 - [[Kiko Novoa]] (xornalista e presentador) <ref>[https://www.youtube.com/watch?v=KbSNGmSALok "Pregón do Folión dos carros 2014"], nova na televisión local ''[[Televinte]]'', 29 de Agosto de 2014</ref>
 
==Véxase tamén==