Depuración de augas residuais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 45:
 
===Tratamento primario===
Na fase de sedimentación primaria, as augas residuais flúen a tanvés de grandes tanques, ou depósitos [[decantador]]es de "presedimentación", "tanques de sedimentación primaria" ou "clarificadores primarios".<ref>Huber Company, Berching, Germany (2012). [http://www.huber.de/products/sedimentation-tanks.html "Sedimentation Tanks."]</ref> Nestes tanques sedimentan os lodos mentres que as graxas van á superficie e son retiradas. Os tanques de sedimentación primaria están xeralmente provistos de raspadores mecánicos que continuamente retiran os lodos do fondo cara a unha tolva na base do tanque, desde onde se bombea ás instalacións para o tratamento de lodos.<ref name="EPA Primer" /><sup>Páx. 9–11</sup> Ás veces recupérase o aceite e graxa retirado da superficie por [[saponificación]].
 
A sedimentación faise por gravidade ou axudada por coagulantes e floculantes (sales de ferro, aluminio e polielectrólitos floculantes), que fan precipitar o fósforo, os sólidos en suspensión moi finos ou os que están en estado de coloide.
 
===Tratamento secundario===