Historia da música: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución automática de "Ad_te_levavi.gif" por "Ad_te_levavi.png" segundo o ordenou GifTagger. Motivo: Replacing GIF by exact PNG duplicate..
Liña 12:
Como disciplina, teóricamente, a historia da música podería ser considerada como unha parte da [[historia da arte]], pero esta, na maioría de casos, hase circunscrito ás [[artes plásticas]], por outra banda, o mesmo material a historizar é bastante diverso para que os seus camiños sexan moi diversos.
 
Nun sentido amplo, a historia da música pódese referir, e de feito refírese a calquera aspecto ou elemento que forme parte dos fenómenos musicais nunha cultura ou sociedade. Por iso estuda a [[Composición musical | composición]] de obras, a [[músico|interpretación]], a recepción, a transmisión, a teorización e a [[crítica musical | crítica]] (ou en xeral, a opinión) , como elementos destacados. Como concrecións dalgúns destes aspectos, estuda a evolución dos [[instrumento musical | instrumentos]], das [[agrupaciónbanda musicalde música| agrupacións]] e das tradicións interpretativas, así como as formas de [[pedagoxíaEducación musical | ensino]] e de aprendizaxe. Dado que a historia da música entende a música como parte dun sistema [[cultura | cultural]], require, igualmente, do estudo de todos aqueloutros elementos -algúns deles non específicamente musicais- que permiten inserir cada música no seu contexto [[xeografía | xeográfico]], [[historia | histórico]] e [[cultura]]l. Neste sentido son importantes os estudos [[biografía | biográficos]] que permiten, a miúdo, non só contextualizar e dotar de significado producións musicais concretas.
=== Exclusións ===
Desde os seus inicios -que se situan, habitualmente, no [[século XVIII]] -, o estudo da evolución da música referiuse case exclusivamente á [[música clásica]] europea. Deste xeito, tradicionalmente, a historización de, por exemplo, a [[música hindú]] considerou que correspondía máis ben á [[etnomusicoloxía]], e que a historia do [[Música rock|rock]] formaba parte do campo de acción dos [[estudos culturais]]. Estas foron algunhas limitacións importantes da historia da música pero non as únicas. Unha parte non pequena dos historiadores da música clásica europea, actuaron cuns obxectivos, unha metodoloxía e uns posicionamentos apriorísticos limitados. Lonxe de aplicar un concepto de música amplo, que englobara todos os procesos humanos que fan posible a existencia da música, a miúdo centráronse na evolución da composición, e fixeron unha historia da composición e dos compositores punteiros. De resultas diso, moitas veces a historia da música acabou sendo unha historia dos estilos compositivos cunha atención preferente á evolución das formas musicais e os as técnicas compositivas, contextualizada socialmente no mellor dos casos.