Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Formato das referencias
Liña 9:
Administrativamente Castela non ten recoñecemento oficial e o territorio da rexión de Castela confórmano as seguintes provincias:
* A actual Comunidade de [[Comunidade de Madrid|Madrid]].
* A actual Comunidade da [[A Rioxa|Rioxa]], que formou parte da rexión histórica de [[Castela a Vella]], pero que se segregou dela no ano 1982<ref name=riojanos>{{Cita web|url=http://www.riojanosenlared.com/index.php/la-rioja/historia|título=Historia de La Rioja|dataacceso=6 de agosto de 2008}}</ref>.
* A actual [[Cantabria|Comunidade de Cantabria]], que formou parte da rexión histórica de [[Castela a Vella]], pero que se segregou dela no ano 1981 para formar a súa propia Comunidade autónoma uniprovincial<ref>VV.AA.: Historia de Cantabria, Santander, 2007.</ref>.
* As provincias de [[provincia de Ávila|Ávila]], [[provincia de Burgos|Burgos]], [[provincia de Palencia|Palencia]], [[provincia de Segovia|Segovia]], [[provincia de Soria|Soria]] e máis [[provincia de Valladolid|Valladolid]] en [[Castela e León]].
Liña 29:
Na época moderna Castela converteuse en nación hexemónica cultural e dominadora económica da Península Ibérica. Despois da [[Guerra de Sucesión Española]] confirmouse o [[lingua castelá|castelán]] coma lingua oficial en toda [[España]] e creouse un modelo de estado xacobino baseado no modelo castelán.
 
Ao creárense as autonomías, Castela a Vella perdeu as dúas provincias de fóra da Meseta, A Rioxa (territorio fronteirizo disputado polos reinos medievais de Castela e Navarra durante a Idade Media, pero que se incorporou a Castela a partir do 1076<ref>http: name=riojanos//www.riojanosenlared.com/index.php/la-rioja/historia</ref>) e máis [[Cantabria]], e engadiuse a rexión de León, formando [[Castela e León]]. Castela a Nova dividiuse na [[Comunidade de Madrid]], que abranguía soamente a provincia de Madrid, e máis Castela-A Mancha, que gañou a [[provincia de Albacete]], cuxos dous terzos do territorio eran casteláns e só un terzo pertencía ao antigo Reino de Murcia, cando Jaime de Burgos creou a provincia e a asignou nominalmente ao Reino de Murcia<ref>[http://avellano-educar.blogspot.com.es/2009/11/n-el-nacimiento-de-una-provincia.html El nacimiento de una provincia] {{es}}</ref>. Debido a este feito, cando se creou a Comunidade de [[Castela-A Mancha]], a maioría dos representantes de Albacete preferiron incorporar Albacete á devandita Comunidade autónoma<ref>[http://www.asc-castilla.org/contenido/index.php/castilla/historia/115-la-cuestion-de-albacete La cuestión de Albacete] {{es}}</ref>.
 
Na actualidade existen algúns [[nacionalismo castelán|partidos nacionalistas]] casteláns minoritarios, coma [[Tierra Comunera]] (TC), hoxe [[Partido Castellano]], ou [[Izquierda Castellana]] (Iz-Ca), que defenden a unión de todas as comunidades autónomas ''castelás''. Ningún destes partidos ten actualmente representación en ningún dos parlamentos autonómicos.