Augas residuais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 70:
==Tratamento==
{{AP|Depuración de augas residuais}}
Hai numerosos procesos que poden utilizarse para limpar as augas residuais dependendo do tipo e grao da contaminación. Hai dúas estratexias básicas: construír zonas húmidas para verter as augas onde se descontaminan por procesos naturais, ou tratalas en estacións de tratamento de augas residuais ([[EDAR]]), que é o máis común. Nas estacións de tratamento as augas son sometidas a procesos físicos, químicos e biolóxicos para a súa depuración. Porén, o uso de [[fosa séptica|fosas sépticas]] ou tanques sépticos é común en zonas rurais illadas dos sistemas de sumidoiros.<ref>U.S. Environmental Protection Agency, Washington, D.C. (2008). [http://water.epa.gov/aboutow/owm/upload/2009_06_22_septics_septic_systems_factsheet.pdf "Septic Systems Fact Sheet."] EPA publication no. 832-F-08-057.</ref>
 
O sistema de tratamento aeróbico máis importante é o proceso de [[lodos activados]], baseado no mantemento e recirculación dunha complexa biomasa composta por microorganismos capaces de absorber e [[adsorber]] a materia orgánica presente nas augas residuais. Os procesos de tratamento anaeróbico (ver [[dixestión anaeróbica]], métodos [[UASB]], [[EGSB]]) aplícanse tamén moito para o tratamento de augas residuais industriais e ldodos biolóxicos. Algunhas augas residuais poden ser intensamente tratadas e despois reutilizadas como augas recicladas. Aplícase cada vez máis ás augas un tratamento terciario e as tecnoloxías máis comúns son a [[microfiltración]] ou [[membrana sintética|membranas sintéticas]]. Despois dunha filtración por membranas, a auga tratada é indistinguible da auga de orixe natural apta para beber (sen minerais). Os [[nitrato]]s poden ser eliminados das augas residuais por procesos naturais en zonas húmidas, pero tamén por unha [[desnitrificación]] microbiana intensiva nas estacións depuradoras, para o cal se engade unha pequena cantidade de [[metanol]] para proporcionar ás bacterias unha fonte de carbono. O tratamento con [[ozono]] tamén se está a usar cada vez máis, e require o uso dun [[xerador de ozono]], que descontamina as augas con burbullas de ozono que se filtran a través do tanque, pero é un procedemento que consome moita enerxía.