Microbioloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 10:
[[Louis Pasteur]] ([[1822]]-[[1895]]) e [[Robert Koch]] ([[1843]]-[[1910]]) foron contemporáneos de Cohn e son considerados como os fundadores da microbioloxía médica. Quizais o maior logro de Pasteur consistiu na refutación mediante coidadosos experimentos da teoría da xeración espontánea, daquela moi respectada, o cal permitiu establecer firmemente á microbioloxía dentro das ciencias biolóxicas. Pasteur tamén deseñou métodos para a conservación dos alimentos ([[pasteurización]]) e vacinas contra varias enfermidades como o [[anthrax]], o cólera aviar e a [[rabia]]. Robert Koch é especialmente coñecido pola súa contribución á [[teoría dos xermes da enfermidade]], onde, mediante a aplicación dos chamados [[postulados de Koch]], logrou demostrar que enfermidades específicas están causadas por microorganismos patóxenos específicos. Koch foi un dos primeiros científicos en concentrarse na obtención de cultivos puros de bacterias, o cal permitiulle illar e describir varias especies novas de bacterias, entre elas o ''[[Mycobacterium tuberculosis]]'', o axente causal da [[tuberculose]].
 
Mentres Louis Pasteur e Robert Koch son a miúdo considerados os fundadores da microbioloxía, o seu traballo non reflectiu fielmente a auténtica diversidade do mundo microbiano, dado o seu enfoque exclusivo en microorganismos de relevancia médica. A devandita diversidade non foi revelada ata máis tarde, co traballo de [[Martinus Beijerinck]] ([[1851]]-[[1931]]) e [[Sergei Winogradsky]] ([[1856]]-[[1953]]). Martinus Beijerinck fixo dúas grandes contribucións á microbioloxía: o descubrimento dos [[virus]] e o desenvolvemento de técnicas de cultivo microbiolóxico. Mentres que o seu traballo co virus do mosaico do tabaco estableceu os principios básicos da viroloxía, foi o seu desenvolvemento de novos métodos de cultivo o que tivo maior impacto inmediato, pois permitiu o cultivo dunha gran variedade de microbios que ata ese momento non puideran ser illados. Sergei Winogradsky foi o primeiro en desenvolver o concepto de [[quimiolitotrofíaquimiolitotrofia]] e deste xeito revelar o papel esencial que os microorganismos xogan nos procesos xeoquímicos. Foi o responsable do illamento e descrición por vez primeira tanto das bacterias [[nitrificación|nitrificantes]] como das fixadoras de nitróxeno.
 
=== Empirismo e especulación ===