Leguminosas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 49:
=== Flor ===
As [[flor]]es poden ser desde pequenas a grandes, [[actinomorfa]]s (en Mimosoideae) a leve ou profundamente [[cigomorfa]]s (Papilionoideae e a maior parte de Caesalpinioideae). As irregularidades na simetría floral nestes casos involucran ao [[perianto]] e ao [[androceo]]. O O hipanto pode estar presente ou ausente, neste último caso está substituído polo tubo do cáliz na maioría das fabóideas.
O perianto ten case sempre un [[cáliz (botánica)|cáliz]] e unha [[corola]] diferenciada. Porén, a corola pode estar ausente, nese caso o perianto dise sepalino, como ocorre en decenas de xéneros de cesalpinióideas e algunhas especies das tribos [[Swartzieae]], e [[Amorphieae]]. O cáliz ten 5 sépalos (raramente 3 ou 6) dispostos nun só ciclo, os cales poden estar total ou parcialmente unidos entre si. O cáliz, ademais, pode ser ou non persistente, raramente é acrescente (é dicir que continúa no froito), imbricado ou valvado. A corola está composta por 5 pétalos libres (comunmente menos que 5 ou ausentes en [[Swartzieae]], [[Amorphieae]] e [[Caesalpinioideae]], ou 3 a 4 en [[Mimosoideae]]) ou parcialmente unidos e presenta, en xeral, unha morfoloxía característica. Así, a corola papilionácea ou amariposada está integrada por un pétalo superior moi desenvolvido, coñecido como [[vexilo]] (''estandarte'' ou ''vexilo''), dous pétalos laterais ou ''ás'' e dúas pezas inferiores a miúdo conniventes que constitúen unha estrutura simpétala denominada ''[[carena'' ou]] (''quilla''). Esta arquitectura é moi similar á das flores das cesalpinoideas pero, a diferenza do que ocorre nestas, con prefloración vexilar ou descendente, é dicir, co estandarte recubrindo o resto das pezas corolinas dentro do botón floral.
O gineceoxineceo é de ovario súpero, monocarpelar, con desenvolvemento moi variable e tendencia á redución no número de óvulos. <ref name="uno"/>
 
=== Inflorescencia ===