Oxidorredución: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 194:
:C<sub>6</sub>H<sub>12</sub>O<sub>6</sub> + 6 O<sub>2</sub> → 6 CO<sub>2</sub> + 6 H<sub>2</sub>O
 
O proceso da respiración celular depende de forma fundamental da redución do [[coencima]] [[NAD|NAD<sup>+</sup>]] a NADH e da reacción inversa (a oxidación do NADH ao NAD<sup>+</sup>). Os coencimas recollen os electróns procedentes dos substrantos que se están oxidando, e despois poden volvelos a ceder. Na respiración actúa unha [[cadea de transporte de electróns]] na cal os transportadores sofren sucesivas oxidacións-reducións, de modo que un transportador da cadea é o [[aceptor de electróns]] do membro anterior da cadea, e o [[doante de electróns]] do membro seguinte da cadea. Os coencimas levan electróns á cadea procedentes dos substratos "respirados" (oxidados) e lévanos ata o aceptor final, que é o oxíxeno na respiración aerobia, (ou outra substancia na [[respiración anaerobia]]). Durante a circulación de electróns créase un [[gradiente de protóns]], o cal impulsa a síntese de [[adenosín trifosfato|ATP]].
 
A [[fotosíntese]] tamén comprende reaccións redox, e na fase luminosa actúa unha cadea de transportadores de electróns e fórmase NADPH, que se utiliza para reducir o CO<sub>2</sub>. Globalmente os electróns circulan desde o H<sub>2</sub>O (doante de electróns) ao NADPH e despois ao CO<sub>2</sub>: