McDonnell Douglas MD-80: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m imaxe
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 59:
 
Durante [[1991]], a fabricación dos MD-80 alcanzou un pico de 12 unidades por mes, despois de estar producindo avións a un ritmo de 10 mensuais dende [[1987]], e agardábase mantelo a curto prazo (en 1991 entregáronse 140 MD-80). Como resultado do declive no tráfico aéreo e da lenta resposta do mercado ao MD-90, reducíuse a produción do MD-80 e entregáronse 84 unidades durante [[1992]]. En [[1993]] baixou aínda máis o ritmo de fabricación, con só 42 avións entregados (3,5 por mes).<ref name="Airclaims Jet Programs">{{cita web|título=Airclaims Jet Programs 1995}}</ref> A fabricación do MD-80 remataría en [[1999]].
 
=== Deseños derivados ===
O [[McDonell Douglas MD-90|MD-90]] desenvolveuse a partir da serie MD-80, como unha versión mellorada do MD-88 cun sistema electrónico de instrumentos de voo semellante e motores IAE V2500 mellorados e máis silenciosos. O programa MD-90 comezou en [[1989]], o seu primeiro voo foi en [[1993]] e entrou en servizo en [[1995]].
 
Houbo outras variantes propostas que nunca chegarían a fabricarse. Unha foi o MD-94X, equipado con motores [[propfán]]. Anteriormente, un MD-81 foi usado como banco de probas para este tipo de motores, como o General Electric GE36 e o Pratt & Whitney/Allison 578-DX.
 
O MD-95 desenvolveuse para substituír aos primeiros modelos DC-9, que a esas alturas tiñan xa 30 anos. O proxecto revisou por completo o DC-9 orixinal para producir un avión de pasaxeiros moderno. É lixeiramente máis longo que o DC-9-30 e está equipado cos novos motores Rolls-Royce BR715. O MD-95 foi rebautizado como [[Boeing 717]] despois de que [[McDonnell Douglas]] e [[Boeing]] se fusionasen en [[1997]].
 
== Historia operacional ==
 
== Notas ==