Crenarqueotas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 23:
Os tipos de metabolismo que presentan son diversos, desde [[heterótrofo|quimioorganótrofos]] a [[autótrofo|quimiolitótrofos]]. Os quimiolitótrofos [[aerobio]]s obteñen enerxía da oxidación de varios compostos sulfúricos, hidróxeno ou ferro ferroso, entanto que os quimiolitótrofos [[anaerobio]]s reducen [[xofre]], [[tiosulfato]] ou producen [[nitrato]]s, [[sulfuro de hidróxeno]] ou [[amoníaco]]. Os quimioorganótrofos crecen sobre substratos orgánicos complexos, azucres, aminoácidos ou polímeros. Varias especies son produtores primarios e usan o [[dióxido de carbono]] como [[fixación do carbono|fonte única de carbono]], obtendo enerxía da oxidación de substancias inorgánicas tales como xofre ou hidróxeno, ou pola redución de xofre ou nitrato.
 
Un dos membros de Crenarchaeota mellor coñecidos é ''Sulfolobus solfataricus''. Este organismo foi orixinalmente illado de mananciais xeotermais sulfurosos de [[Italia]], e crece a 80 °C e a [[pH]] entre 2 e 4. <ref name=Zillig_1980>{{cite journal | author = Zillig W, Stetter KO, Wunderl S, Schulz W, Priess H, Scholz I| title = The Sulfolobus-"Caldariellard" group: Taxonomy on the basis of the structure of DNA-dependent RNA polymerases | journal = Arch. Microbiol. | year = 1980 | volume = 125 | issue = 3| pages = 259&ndash;269 | url= | doi = 10.1007/BF00446886}}</ref> Despois da súa caracterización inicial, foron atopadas outras especies termófilas do mesmo xénero por todo o mundo. A diferenza da gran maioría dos termófilos cultivados, ''[[Sulfolobus]]'' crece en condicións [[aeróbico|aeróbicas]] e é [[quimioorganótrofo]] (obtén a súa enerxía de fontes orgánicas como azucres). Estes factores permiten cultivalas máis facilmente no laboratorio ca os [[organismo anaeróbico|organismos anaeróbicos]], o que fixo de ''Sulfolobus'' un organismo modelo para o estudo dos hipertermófilos e dos virus que se replican dentro deles.
 
== Mesófilos, psicrófilos e especies mariñas==