Celoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 20 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q247830
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 30:
*'''Celomados''': os [[Celomado]]s son os animais cun verdadeiro celoma. Tamén se lles chama [[eucelomado]]s ("auténticos celomados") para sinalar o feito de que teñen un celoma verdadeiro e non un pseudoceloma ("falso celoma"). O celoma aparece sempre no embrión e algúns grupos o conservan en estado adulto (tipicamente os [[Anélidos]], [[Sipuncúlidos]], etc.), pero noutros [[phylum|filos]] redúcese moito, e o adulto carece practicamente do mesmo ([[Vertebrados]], [[Artrópodos]], etc.).
 
Ata hai pouco tempo, os [[Zooloxía|zoólogos]] agrupaban os animais segundo as características do celoma. A presenza ou ausencia de celoma e a forma en que se orixinou críase que era importante na comprensión das relacións filoxenéticas dos filos animais. Non obstante, recentes probas en [[filoxenia molecular]] suxiren que estas características non son tan informativas como se pensou anteriormente xa que se cre que o celoma puido ter xurdido dúas veces, unha en protóstomos e outra vez entre os deuteróstomos<ref>Xiao S., Laflamme M.(2008) ''On the eve of animal radiation: phylogeny, ecology and evolution of the Ediacara biota'' na revista Trends in Ecology & Evolution 10.1016</ref>.
 
Nos adultos, o celoma persiste de forma moi variable. O celoma pódese conservar nas cavidades dos [[metámero|segmentos]] corporais, actuando entón de esqueleto hidrostático, na luz das [[gónada]]s e de [[gonoduto]]s (e entón recibe o nome de [[gonocele]]), na luz dos órganos excretores, como os [[nefridio]]s ([[nefrocele]]), nas cavidades [[pericardio|pericárdicas]], así como na luz de determinados [[aparato circulatorio|sistemas circulatorios]].