Respiración anaerobia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
A '''respiración anaeróbica''' é un proceso de oxidación-redución de nutrientes para a obtención de enerxía na que o aceptor final de electróns é unha substancia distinta do osíxeno, xeralmente inorgánica, que é característico esencialmente dunhas poucas especies de bacterias. Como en toda respiración, o aceptor final de electróns é externo e require xeralmente o funcionamento dunha [[cadea de transporte electrónico]] similar á da [[respiración aeróbica]] <ref name="Bro">Madigan, M. T, Martinko, J. M. & Parker, J. 2003. ''Brock Biología de los Microorganismos'', 10ª edición. Ed. Prentice-Hall, Madrid. ISBN 978-84-205-3679-8</ref>.
 
Na respiración anaeróbica non se utiliza osíxeno. Como aceptor final de electróns utilízase outra substancia, xeralmente inorgánica, como o nitrato, sulfato, dióxido de carbono, Fe<sup>3+</sup>, xofre, etc. En casos máis raros o aceptor final de electróns pode ser orgánico ([[fumarato]], [[óxido de trimetilamina]]). As bacterias que realizan a respiración anaeróbica son en moitos casos anaerobias estritas, pero tamén hai especies que poden vivir con ou sen osíxeno, cambiando de [[metabolismo microbiano|metabolismo]] segundo as condicións (por exemplo, as bacterias [[nitrificación|nitrificantes]] poden facer tanto a respiración aerobia coma a anaerobia, e todo depende de se dispoñen de osíxeno ou non).
 
Na respiración anaeróbica intervén en xeral unha cadea de transporte electrónico similar á da mitocondria, con citocromos, quinonas e proteínas de ferro-xofre na que teñen lugar procesos redox. Nesta cadea realízase a reoxidación dos coencimas reducidos producidos durante a oxidación dos nutrientes. Pero na respiración aeróbica ao final da cadea estaba o osíxeno, que recollía os electróns (e transformábase en auga), e, polo contrario, na respiración anaeróbica ao final da cadea está ese outro aceptor que non é o osíxeno, por exemplo o nitrato (que ao recoller o electrón se transformaría en nitrito).