Fasciola hepatica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 107:
: d) Idade do hóspede: a eliminación de ovos decrece a medida que o hóspede envellece (fenómenos inmunitarios).
Os ovos saen ao medio xunto coas feces do hóspede definitivo. Os ovos da fasciola son relativamente grandes e presentan unha coloración dourado-amarelada característica. Os ovos de ''Fasciola hepatica'' son influenciados pola temperatura, humidade, o [[dióxido de carbono]] (CO<sub>2</sub>) e o [[oxíxeno molecular|oxíxeno]] (O<sub>2</sub>) e acaban por eclosionar, despois dun período de incubación que pode durar entre os 9 e 15 días (se as condicións son favorables), ata 90 ou máis días. Durante a incubación prodúcense no interior do ovo numerosas divisións celulares ata a formación dun embrión móbil, [[cilio|ciliado]], chamado miracidio, o cal é un excelente nadador e nas 24 horas posteriores á súa saída do ovo debe encontrar o hospedador intermediario (caracol), e en caso contrario morre; se non hai auga dabondo o ciclo pode quedar interrompido.
Seguidamente, o miracidio penetra dentro do hospedador intermediario, á vez que entran van perdendo os cilios ata formar unha masa arredondada chamada esporocisto. Os esporocistos teñen a propiedade de que a partir das súas membranas internas forman as chamadas redias (1-3 mm). As primeiras denomínanse redias fillas e dan lugar a outras xeracións ata chegar ás redias netas e así sucesivamente ([[reprodución asexual|multiplicación asexual]]). Dun miracidio poden orixinarse 600 cercarias, todas elas dentro do caracol.
Logo, as cercarias saen do caracol, e demostrouse que a temperatura ambiente modula o tempo transcorrido entre a infestación dos caracois e a saída das cercarias; desta maneira cando a temperatura é baixa (6-8ºC) dito período é de 67-69 días e a temperaturas máis altas (20ºC) é de 48-50 días.
Nun plazo de 1-2 horas as cercarias deben fixarse a algunha superficie lisa (herbas, pedras), que son consideradas por algúns autores como "hóspedes" intermediarios secundarios.