Thibaut Courtois: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Traducido da wikipedia en lingua castelá (es:Thibaut Courtois)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 22:
== Traxectoria ==
=== KRC Genk ===
Courtois comezou a súa carreira futbolística aos 5 anos de idade no Bilzerse VV. Neste equipo permaneceu durante tres anos, antes de marcharse ao [[KRC Genk]] aos 8 anos de idade,<ref name="Courtois Completed">{{cita web|url=http://www.chelseafc.com/news-article/article/2402319|título=Courtois Completed|data=19 de xuño de 2012|dataacceso=3 de xullo de 2014|lingua=inglés}}</ref> onde nun principio xogou como lateral esquerdo antes de desempeñarse como gardameta,<ref name="Courtois Completed" /> a súa posición actual. O seu debut con este equipo foi o [[17 de abril]] de [[2009]] ante o [[KAA Gent]] cando só contaba con 16 anos de idade.<ref name="Thibaut Courtois - Goal.com">{{cita web|url=http://www.goal.com/en/news/1717/editorial/2011/07/22/2586015/five-things-you-need-to-know-about-new-chelsea-signing|título=Five things you need to know about new Chelsea signing Thibaut Courtois|data=22 de xullo de 2011|autor=Niblock, Gary|dataacceso=3 de xullo de 2014|lingua=inglés}}</ref> Debido á crise de gardametas non dispoñibles pola que pasaba o Genk, foi como se produciu o debut de Courtois. Courtois comezara a tempada [[2008]]-[[2009|09]] como o sexto gardameta na orde xerárquica do Genk,<ref name="Thibaut Courtois - Goal.com" /><ref name="Thibaut Courtois - Genk 1">{{cita web|url=http://www.nieuwsblad.be/article/detail.aspx?articleid=7C290LUC|título=RC Genk met 16-jarige zesde keeper tegen AA Gent|data=15 de abril de 2009|dataacceso=3 de xullo de 2014|lingua=neerlandés}}</ref> estando por detrás de Logan Bailly, Sinan Bolat, Davino Verhulst, Sem Franssen e Koen Casteels.<ref name="Thibaut Courtois - Genk 1" /> Con todo, logo da venda de Bailly ao [[Borussia Mönchengladbach]] e de Bolat ao [[Standard de Liège]] en xaneiro de [[2009]], o terceiro gardameta Verhulst quedou coa titularidade, mentres que Franssen e Casteels foron nomeados segundo e terceiro gardameta respectivamente.<ref name="Thibaut Courtois - Genk 1" /> No entanto, Verhulst foi suspendido durante dous encontros pola [[Real Federación Belga de Fútbol]] debido a unha falta que cometeu sobre Wilfried Dalmat durante un encontro ante o [[Standard de Liège]] o [[15 de marzo]] de [[2009]],<ref name="Thibaut Courtois - Genk 1" /> mentres que Franssen sufriu unha rotura de ligamentos no seu nocello e Casteels acababa de recuperarse dunha fractura no seu dedo e atopábase fóra de ritmo.<ref name="Thibaut Courtois - Genk 1" /><ref name="Thibaut Courtois - Telegraaf" /> Desta forma, Courtois recibiu a súa oportunidade e puido debutar en [[Primeira División de Bélxica|Primeira División]].<ref name="Thibaut Courtois - Goal.com" /><ref name="Thibaut Courtois - Genk 1" />
 
Para a tempada [[2009]]-[[2010|10]], Courtois disputou toda a campaña co equipo de reservas do Genk,<ref name="Thibaut Courtois - Goal.com" /> mais na seguinte tempada, o adestrador Franky Vercauteren elixiuno como gardameta titular do primeiro equipo. Debido a que Verhulst atopábase lesionado e a que había problemas na transferencia do gardameta húngaro [[László Köteles]], Courtois foi seleccionado para disputar a fase previa da [[UEFA Europa League 2010-11|UEFA Europa League]] ante o [[FC Inter Turku|Inter Turku]] de [[Finlandia]], ante o cal tivo unha participación destacada na vitoria do Genk por 5-1 no partido de ida e por 3-2 no de volta. Despois de disputar os 3 primeiros encontros na liga, Courtois asinou o seu primeiro contrato profesional co Genk o [[18 de agosto]] de [[2010]] cunha duración de 3 anos. Ao día seguinte, foi titular na derrota por 3-0 ante o [[Futebol Clube do Porto|FC Porto]] na Europa League. Courtois tamén logrou facer o seu debut na Copa de Bélxica o [[9 de novembro]] de [[2010]] na derrota do seu equipo por 2-1 fronte ao [[Standard de Liège]]. Con todo, no último encontro da tempada ante o Liège, o Genk necesitaba polo menos un empate para levar o título de liga ante un Standard que tamén buscaba levar o campionato. Nun encontro onde o Standard sufocou a unha dura defensa do Genk, Courtois logrou salvar o empate a 1-1 con tres atalladas vitais nos últimos minutos do encontro,<ref name="Thibaut Courtois - chelseafc.com" /> En total, Courtois logrou disputar 44 partidos co Genk durante a tempada. Tamén foi elixido como o ''Gardameta do Ano'' no fútbol belga e como o ''Mellor Xogador do Genk'' ao finalizar a tempada.<ref name="Courtois Completed" /><ref name="Thibaut Courtois - Goal.com" /><ref name="Thibaut Courtois - chelseafc.com" />