Ciclo bioxeoquímico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Nas [[ciencias da Terra]], un '''ciclo bioxeoquímico''' é unha vía mediante a cal unha substancia química circula entre os compartimentos bióticos ([[biosfera]]) e abióticos ([[litosfera]], [[atmosfera]], e [[hidrosfera]]) da [[Terra]]. Nestes ciclos prodúcense unha serie de cambios que ao final volven ao punto inicial e todo o proceso pode repetirse de novo.<ref name="Prentice Hall Biology">Prentice Hall Biology.</ref><ref name="Matter cycles at Lenntech">[http://www.lenntech.com/matter-cycles.htm Matter cycles at Lenntech.]</ref> A auga, por exemplo, está a reciclarse decote por medio do [[ciclo da auga]], como o que se mostra no diagrama. A auga sofre [[evaporación]], [[condensación]], e [[Precipitación (meteoroloxía)|precipitación]], caendo de novo á Terra, e pasa aos seres vivos que a absorben ou incorporan coa bebida ou alimentos. Os elementos e compostos químicos pasan dun organismo a outro e aos compartimentos non bióticos nun ciclo continuo.<ref name="Prentice Hall Biology"/><ref name="Matter cycles at Lenntech"/>' Por exemplo, no ciclo do carbono este almacénase principalmente no CO<sub>2</sub> atmosférico, que os seres fotosintéticos toman e incorporan ás súas substancias orgánicas, e volve á atmosfera cando respiran, ou se descompoñen ao morreren, ou parte queda enterrado converténdose en combustibles fósiles, e pasa duns a outros na depredación. As combustións (incendios, uso de combustibles fósiles) e as emisións volcánicas e descomposición de rochas calcarias liberan CO<sub>2</sub>. Parte do CO<sub>2</sub> disólvese no mar ou precipita como rochas calcarias. Deste modo o C está circulando continuamente na Terra.
 
O termo "bioxeoquímico" indica que están implicados factores biolóxicos, xeolóxicos e químicos. A circulación de nutrientes como o carbono, oxíxeno, nitróxeno, fósforo, calcio, e auga, etc. a través dos mundos físico e biolóxico constitúen estes ciclos, por medio dos cales os elementos son reciclados. Nalgúns elementos hai lugares, chamados reservorios, onde se acumulan os elementos ou son mantidos durante longo tempo (por exemplo o océano no caso da auga, ou a atmosfera, onde se acumuloacumula o N<sub>2</sub>, no caso do nitróxeno).<ref name="Prentice Hall Biology"/><ref name="Matter cycles at Lenntech"/>
 
== Ciclos importantes ==