Motín de Aranjuez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 14:
O [[17 de marzo]] de [[1808]], tras correr polas rúas de Aranjuez o rumor da viaxe dos reis, unha pequena multitude (composta por empregados dos nobres, posto que ao ser un Real Sitio e non unha vila, Aranjuez non tiña daquela unha poboación vilega que puidera alzarse por si soa), dirixida por membros do partido fernandino —nobres cercanos ao príncipe de Asturias—, reuniuse fronte ao [[Palacio Real de Aranjuez|Palacio Real]] e asaltou o palacio de Godoy, queimando aqueles enseres que non foron directamente saqueados. O día 19, pola mañana, Godoy foi sorprendido agochado entre alfombras do seu palacio e trasladado até o Cuartel de Guardas de Corps, en medio dunha chuvia de golpes.
 
Diante desta situación, e co temor dun [[linchamento]], interveu o príncipe Fernando, verdadeiro dono da situación, comseguindoconseguindo que o seu pai [[Abdicación|abdicase]] nel nano mediodía desa mesma data, converténdose así en [[Fernando VII]].
 
Os acontecementos de Aranjuez foron as primeiras sinais da agonía do [[Antigo Réxime]] en España. O pobo fora manipulado pero, en calquera caso, a súa intervención foi decisiva, posto que non só conseguiu a renuncia dun ministro odiado (xa ocurrera no [[motín de Esquilache]], en [[1766]]), senón tamén a renuncia dun soberano e o acceso ao trono dun novo rei, lexitimado pola vontade popular.