Evento de Cando: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 5 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3232541
Sen resumo de edición
Liña 5:
 
==Causas==
Xeralmente acéptase coma explicación oficial a de tipo [[xeoloxía|xeolóxico]] formulada por [[Zdeněk Ceplecha]] do Observatorio de [[Ondejov]] ([[República Checa]]), colaborador na investigación orixinal. Segundo Ceplecha, o incidente puido ocorrer por unha burbulla de gas subterráneo que agromou ata a superficie nunha erupción repentina, debida probabelmente a un corremento de terras. A rápida acción [[convección|convectiva]] ocasionaría unha separación da [[carga eléctrica]] abondo coma para provocar unha faísca e incendiar o gas<ref>X.A. Docobo, R.E. Spalding, Z. Ceplecha, [[F. DiazDíaz-Fierros]], V. Tamazian, Y. Onda, "Investigation of a bright flying object over northwest Spain, 1994 January 18", ''Meteoritics & Planetary Science'', Vol. 33</ref>.
 
Aínda que os autores non descartan que o suceso se orixinase no estoupido dun [[corpo celeste]], como se sospeita que aconteceu en [[evento de Tunguska|Tunguska]] e outros lugares, esta é unha hipótese secundaria. Ademais, a confusión xerada polo suceso estimulou a circulación de [[teoría da conspiración|teorías conspiracionistas]] de tipo militar e [[ufoloxía|ufolóxico]], pois estes cren que Cando é un foco habitual de avistamentos de [[ovni]]s.