Despotado de Epiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m →‎Historia: Tebas, Grecia
Liña 8:
 
 
A rexencia latina pasou a Henrique, conde de Hainaut, irmán de Balduíno, que foi confirmado no mes de xuño. O [[despotado de Sinope|déspota de Sinope]], David Comneno, aliouse con Henrique contra Teodoro Lascaris pero foi derrotado en [[Nicomedia]]. O peso da loita pasou entón á parte occidental onde Bonifacio de Montferrato, rei de [[Tesalónica]], tivo que loitar contra o [[despotado de Grecia|déspota de Grecia]] León Sguros ao que gañou nas [[Termópilas]] asegurándose o dominio de [[Tesalia]]. Outros señores latinos avantsaron máis ao sur: Guillerme de Champlitte e Godofredo de Villehardouin entraron en [[Beocia]] e ocuparon [[Tebas, (Grecia)|Tebas]] sen loita; despois seguiron ata [[Atenas]] e a illa de [[Eubea]] (tamén chamada Negroponte).
 
O [[Peloponeso]] someteuse ao déspota Miguel de Epiro e Tebas e Atenas constituíronse en baronía dependente do rei de [[Tesalónica]] concedida a Odón I de la Roche; a illa de Negroponte ([[Eubea]] -ou [[Évvoia]]-) foi doada a Xaime de Avesnes. Godofredo de Villehardouin e Guillerme de Champlitte invadiron o Peloponeso e ocuparon [[Elide]] e [[Arcadia]], desfacendo as tropas enviadas polo déspota Miguel na [[Batalla de Kondura]]. Guillerme foi proclamado príncipe de [[Acaia, Grecia|Acaia]], con poder feudal sobre Atenas e Tebas aínda que feudatario do rei de Tesalónica. Godofredo foi proclamado príncipe de Koron e [[Kalamata]].