Diferenciación celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 79:
Pénsase que a [[sinalización celular]] inflúe no proceso epixenético que goberna a diferenciación celular. Esta influencia debería existir, xa que é razoable pensar que a sinalización extrínseca pode levar a unha remodelación epixenética, igual que pode levar a cambios na expresión xénica por medio da activación ou represión de diferentes factores de transcrición. Disponse de poucos datos directos sobre os sinais específicos que inflúen no [[epixenoma]], e a maioría do noso coñecemento actual consiste en especulacións sobre candidatos plausibles a reguladores da remodelación epixenética.<ref name = "Mohammad">{{cite journal |pmid=20944593 |doi=10.1038/nbt1010-1033 |author=Mohammad HP, Baylin SB |title=Linking cell signaling and the epigenetic machinery |journal=Nat Biotechnol |year=2010 |volume=28 |issue=10 |pages=1033–8}}</ref> Neste artigo discutirase primeiro os principais candidatos que se cre están implicados na indución e o mantemento das células nais embrionais e da súa proxenie diferenciada, e despois verase un exemplo de vías de sinalización específicas nas cales existe máis evidencia directa deste papel no cambio epixenético.
 
O primeiro candidato principal é a [[vía de sinalización Wnt]]. A vía Wnt está implicada en todos os estadios de diferenciación, e o [[ligando]] Wnt3a pode substituír a sobreexpresión de c-Myc na xeración de células nais pluripotentes inducidas.<ref name = "Mohammad"/> Por outra parte, a alteración da ß-[[Beta-catenina|ß-catenina]], un compoñente da vía de sinalización Wnt, dá lugar a unha diminución da proliferación dos proxenitores neurais.
 
Os [[factor de crecemento|factores de crecemento]] compoñen o segundo maior conxunto de candidatos para ser reguladores epixenéticos da diferenciación celular. Estes morfóxenos son fundamentais para o desenvolvemento, e inclúen as [[proteínas morfoxenéticas do óso]], os [[factor de crecemento transformante|factores de crecemento transformantes]] (TGFs), e os [[factor de crecemento de fibroblastos|factores de crecemento de fibroblastos]] (FGFs). Os TGFs e FGFs manteñen a expresión de OCT4, SOX2, e NANOG por unha sinalización ''[[augas abaixo]]'' das proteínas [[SMAD (proteína)|Smad]].<ref name = "Mohammad"/> A depleción de factores de crecemento promove a diferenciación de células nais embrionais, mentres que os xenes con cromatina bivalente poden facerse máis restritivos ou máis permisivos na súa transcrición.<ref name = "Mohammad"/>