Ángel de la Cruz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Liña 11:
Foi xerente da Asociación Galega de Produtores Independentes, AGAPI (1997-98) e realizou traballos e diversas colaboracións para empresas como Cinematógrafo Films, Perro Verde Films, Elemental Films, Dygra Films, IJV Producciones, Adivina Producciones, Centroña Producións Audiovisuais, Filmanova, Filmax, Producciones La Iguana, Vamos a Ver Televisión ou as xa mencionadas Luz Directa, Continental Producciones e Voz Audiovisual, entre outras.
 
A súa primeira longametraxe como guionista e director foi a película de animación El bosque animado, sentirás su magia (The living forest, 2001), adaptación da obra homónima de Wenceslao Fernández Flórez, ao que seguiu a producciónprodución hispano-lusa de animación El sueño de una noche de San Juan (Midsummer night, 2005), libremente inspirada na obra El sueño de una noche de verano de William Shakespeare, ambas ganadoras de sendos premios Goya da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España. No ano 2000 produce, coa súa empresa Artemática, a curtametraxe Sandra (Héctor Diéguez González, 2000), do que tamén é guionista, e no ano 2008 produciu, escribiu e dirixiu a súa primeira longametraxe de ficción (con actores) titulado Los muertos van deprisa (Lost in Galicia, 2009), tamén para Artemática. Como guionista e produtor executivo estreou a película de animación Arrugas de Ignacio Ferreras (Wrinkles, 2011), baseada no popular cómic do mesmo título de Paco Roca coa que conseguiu o Goya 2012 ao Mejor Guión Adaptado, ademais do de Mellor Película de Animación.
 
No ano 2013, tamén coa súa empresa, produce o documental Querida Gina dirixido por Susana Sotelo (pendente de estrea) e a película para TVG Todos os Santos, dirixida por Chema Gagino (pendente de emisión), con guión de José Antonio Pastor (finalista do III Premio Pilar Miró de Películas para Televisión convocado pola Academia da Televisión), en cuxa rodaxe participa tamén como director artístico e actor. Tamén traballou en documentais, series e programas do canal autonómico galego e escribiu e dirixiu varias cerimonias de entrega dos premios Mestre Mateo do audiovisual galego (e anteriormente dos Premios AGAPI), galardóns que ademais distinguiron en varias ocasións traballos seus. Cabe resaltar que o nome de Mestre Mateo para estes premios foi aprobado pola Academia Galega do Audiovisual a proposta do propio Ángel de la Cruz, vicepresidente da xunta directiva constituínte, motivo polo que o orixinal de dita estatuíña, cuxo deseño se encargou á artista Laura Blanco, da que logo sairían as réplicas para as figuras anuais, foille entregado a De la Cruz pola Academia Galega como obsequio polo seu corenta cumpreanosaniversario.
 
Como escritor publicou El cuento del aval (VV.AA. [[Editorial Ir indo]], 2000) e as novelas Compostellanum (Editorial Mandaio , 2004) e O descenso do derradeiro ocaso, ganadora do IV premio de Relatos por Entregas de La Voz de Galicia (Editorial Sotelo Blanco, Primeira edición: 2005, segunda edición: 2007).
 
Como docente, durante os anos 2009 a 2011, imparte clases como Profesor Experto de Dirección Cinematográfica, Produción e Programación de TV, Produción, Distribución e Exhibición de Cine, Estética e Dirección de Arte e Técnicas de Comunicación e Marketing, na Facultade de Comunicación e Humanidades da Universidade Europea de Madrid. Desde o ano 2010 ao 2012 deu clase no Máster de Creación e Xeración de Ideas da Facultade de Ciencias Sociais e Comunicación da Universidade de Vigo, da que ademais é bolseiro de honra desde o ano 2010. Impartiu obradoiros de guión e de animación, entre outros, na Coruña, Pamplona, Santiago de Compostela, Caracas, Río de Janeiro, Tinfuf, etc.
 
Membro da Academia das Artes e as Ciencias Audiovisuais de España. Socio fundador da Academia Galega do Audiovisual. Socio fundador de CREA (Asociación de Directores e Realizadores de Galicia). Socio fundador de AGAG (Asociación Galega de Guionistas). Socio da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Socio fundador de AEC (Asociación Estatal de Cine). Membro de FAPAE (Federación de Asociacións de Produtoras Audiovisuais de España. Socio de SGAE (Sociedade de Xestión de Autores e Editores). Socio de EGEDA (Entidade de Xestión de Dereitos Audiovisuais). Socio de CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos). Bolseiro de honra da Facultade de Ciencias Sociais e de Comunicación da Universidade de Vigo.