Estrutura terciaria das proteínas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Tertiary structure.png|300px|miniatura|dereita|Estrutura da proteína 1EFN, coa estrutura terciaria encadrada.]]
 
O termo '''estrutura terciaria das proteínas''' utilízase para referirse á forma xeométrica das [[proteína]]. A estrutura terciaria presenta unha soa cadea polipeptídica na cal pode haber partes ou [[dominio proteico|dominios proteicos]] con distintas [[estrutura secundaria das proteínas|estruturas secundarias]]. A estrutura terciaria está estabilizada por enlaces e interaccións de diversos tipos entre as cadeas laterais dos aminoácidos da proteína, que poden ser [[ponte disulfuro|pontes disulfuro]] [[covalente]]s entre [[cisteína]]s, interaccións iónicas, hidrofóbicas, de [[forzas de Van der Waals|Van der Waals]] e [[ponte de hidróxeno|pontes de hidróxeno]]. A estrutura terciaria das proteínas está definida polas súas coordenadas atómicas. Estas coordenadas poden referirse a un dominio proteico ou á estrutura terciaria da proteína completa.<ref>{{GoldBookRef|title=IUPAC GoldBook [http://goldbook.iupac.org/T06282.html tertiary structure|file=T06282}}]</ref><ref name="bran">Branden C. and Tooze J. "Introduction to Protein Structure" Garland Publishing, New York. 1990 and 1991.</ref> Varias cadeas polipeptídicas, cada unha coa súa estrutura terciaria, poden pregarse xuntas formando unha proteína con [[estrutura cuaternaria das proteínas|estrutura cuaternaria]].<ref name=kyte>Kyte J. "Structure in Protein Chemistry." Garland Publishing, New York. 1995. ISBN 1-81531701-8</ref>
 
==Historia==