Prison Break: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
'''Prison Break''' é unha [[serie de televisión]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]] creada por [[Paul Scheuring]] que comezou a emitir a [[Fox Broadcasting Company]] o [[29 de agosto]] de [[2005]].
 
A serie céntrase en dous irmáns, un que foi condenado á pena de morte por un crime que non cometeu e outro, Michael Scofield, que se fai deter expresamente para ingresar en prisión para fuxir co seu irmán. A serie produciuna Adelstein-Parouse Productions, en colaboración con Original Television e [[20th Century Fox Television]]. Os produtores executivos ademais do propio Scheuring son [[Matt Olmstead]], [[Kevin Hooks]], [[Marty Adelstein]], Dawn Parouse, [[Neal H. Moritz]], e [[Brett Ratner]]. O tema musical compúxoo [[Ramin Djawadi]] polo que foi nominadonomeado a un [[Premios Emmy|Emmy]] en 2006.
 
Cando lle foi presentada a idea á Fox en 2003 non se interesou por ela pero despois do éxito de series como [[Lost (serie de televisión)|Lost]] ou [[24 (serie de televisión)|24]], Fox decidiu aprobar a súa produción en 2004. A primeira tempada recibiu críticas positivas e tivo boa audiencia, en orixe ían ser 13 episodios pero debido á súa popularidade realizáronse nove episodios máis. Debido á folga de guionistas, o final da terceira tempada tivo que ser reformulado. As primeiras catro tempadas editáronse en [[DVD]] e a primeira e a terceira en [[Blu Ray]]. O éxito da serie inspirou unha serie exclusivamente realizada para [[móbil]]es, [[Prison Break: Proof of Innocence]].
Liña 10:
 
=== Primeira temporada ===
A primeira temporada consta de 22 capítulos. [[Lincoln Burrows]] é acusado de ser o autor dun crime que el di que non cometeu: asasinar a [[Terrence Steadman]], o irmán da [[Vicepresidente dos Estados Unidos|Vicepresidenta dos Estados Unidos]]. Lincoln é sentenciado a morte e envíano á [[Penitenciaría Estatal Fox River]], para cumprir alí a súa condena até o día da súa execución. [[Michael Scofield]], o irmán menor de Lincoln, está convencido da inocencia do seu irmán e elabora un plan de escape da prisión. Despois de planear a fuga, Michael rouba un banco a man armada para que o encarcelenencarceren en Fox River. Dentro do cárcere debe levar a cabo o seu plan, pero debe superar obstáculos, sobrevivir na prisión e aliarse con outros presos para poder escapar co seu irmán da prisión antes da súa data de execución. Mentres, fóra do cárcere a abogadaavogada [[Veronica Donovan]], amiga da infancia dos irmáns, fai todo o posible para aclarar a conspiración que levou a Lincoln ao cárcere, pero os axentes secretos dunha organización coñecida como [[A Compañía (Prison Break)|A Compañía]], fan o imposible para obstaculizar o traballo de Verónica.
 
{{Commonscat}}