Diferenzas entre revisións de «Aleksandr Kerenskii»

(Desfíxose a edición 3227584 de AMPERIO (conversa))
 
== Revolución de Outubro de 1917 ==
Kerenski distribuíra armas ós traballadores de [[San Petersburgo|Petrogrado]], e en outubro moitos destes traballadores convertíranse en [[bolxevique]]s. Entre o 25 ó 27 Outubro (calendario antigo) de 1917 os bolxeviques lanzaron a segunda Revolución Rusa do ano. O goberno de Kerenski en Petrogrado case non tiña apoios na cidade. Só un pequeno reximentorexemento de mulleres, loitaban contra os [[bolxevique]]s para salvaren o goberno, pero estes tomaron o control sen daren nin un só disparo en menos de 20 horas.
 
Kerenski escapou dos bolxeviques e marchou cara a [[Pskov]], onde atopou algúns fieis para un intento de recuperar a capital. As tropas avanzaron ata [[Tsarskoie Selo]], pero foron derrotadas ó día seguinte en [[Pulkovo]]. Kerenski fuxiu e pasou os seguintes días escondido ata que conseguiu saír do país e chegar á [[Francia]]. Durante a [[Guerra Civil Rusa]] non apoiou a ningún dos dous bandos, os bolxeviques e os Brancos.