Wassily Kandinsky: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m *voltar -> volver
Sen resumo de edición
Liña 24:
Kandinski naceu en [[Moscova]], aínda que pasou a súa infancia en Odessa. Estudou leis e económicas na [[Universidade de Moscova]] e non foi ata os 30 anos cando empezou a pintar.
 
En [[1896]] estableceuse en [[Múnic]] e estudou na súa Academia de Belas Artes. Promoveu numerosas actividades artísticas e organizou diversos grupos nos que xuntou a importantes artistas da vangarda europea, destacando en [[1911]] a fundación de '''[[Der Blaue Reiter]]''', aberto a diferentes tendencias pero no que os integrantes defendían unha linguaxe non convencional con preocupacións teóricas pola cor. Nas súas primeiras pinturas hai influencias de [[Claude Monet]], dos [[Fauvismo|fauvistas]] e dos expresionistas de '''[[Die Brücke]]''', pero a partir de [[1908]] a cor esténdese en superficies amplas e os elementos naturalistas tenden a desaparecer. As obras posteriores a [[1910]] (ano no que fixo a súa primeira acuarela abstracta) pódense calificarcualificar en xeral de abstractas, son expresións espóntaneasespontáneas de carácter interior e substancia espiritual. A linguaxe baséase en exclusiva en formas e cores que traducen simbolicamente as emocións anímicas de Kandinsky.
 
Volveu a Moscova en [[1918]] despois da [[Revolución Rusa de 1917|Revolución]] e adicouse a tarefas de organización cultural e artística, pero recibiu inspiracións dos vangardistas rusos. Por cousa dos seus conflitos cos teóricos da arte oficiais volveu a [[Alemaña]] en [[1921]], foi profesor na [[Bauhaus]] desde [[1922]] ata que foi pechada polos nazis en [[1933]]. Durante a súa etapa da Bauhaus racionaliza a súa linguaxe empregando elementos máis xeométricos sen perder cromatismo, tratando de establecer unha mellor comunicación co espectador facéndoo partícipe da súa emoción e pensamento mediante ordenacións expresivas e determinantes. Os últimos anos pasounos en [[Francia]] e fíxose cidadán francés en [[1939]].
Liña 33:
No ano [[1902]] expón por primeira vez coa [[Secesion|Secession]] de [[Berlín]] e realiza as súas primeiras [[xilografía]]s. Nos anos [[1903]] e [[1904]] viaxa por [[Italia]], [[Países Baixos]], [[África]] e visita [[Rusia]]. En 1904 expón no [[Salón de Outono]] de [[París]].
 
En [[1909]] é elixido presidente do ''Neue Künstlervereinigung München'' (NKVM). A primeira exposición do grupo ten lugar na galería Thannhauser de [[Múnic]] ese mesmo ano. Cara o final da década, as pinturas de Kandinsky denotan unha gran tendencia á planitude pola equivalencia na intensidade das áreas de cor e a superficie relucinte que destrúe toda ilusión de profundidade. As series de cadros de xinetes en combate escomenzancomenzan no ano [[1909]] e, nelas, a liña do horizonte vaise erradicando gradualmente, ó igual que outras referencias espaciais.
 
=== Madurez ===
No ano [[1910]] fai a súa primeira [[acuarela]] abstracta, na que "(...) nas manchas máis escuras predominan dúas cores, o vermello e o azul, que evidentemente están relacionadas porque sempre están xuntos. O vermello é unha cor cálida e tende a expandirse; ó azul é frío e tende a contraerse a si mesmo. Kandinsky non aplica a lei dos contrastes simultáneos senonsenón que a comproba; e segundo os casos, é dicir, segundo os impulsos que sinte, válese de ámbalas dúas para que se limiten ou se impulsen mutuamente. Hai tamén signos lineais, filiformes; son, en certo modo, indicacións de posibles movementos, son trazas que suxiren a direcióndirección e o ritmo das manchas que vagan polo papel. Poñen en movemento a toda a acuarela(...)" ([[Giulio Carlo Argan|Argan]]).
 
Na ''Composición IV'' de [[1911]], as figuras están tan simplificadas, a cor é tan arbitraria e o espazo tan confuso que é imposible distingui-lo tema sen a referencia dos cadros anteriores da serie. Especialmente desorientador para o espectador é o xeito no que se usa a liña, tanto como elemento independente, ou ben como límite para a cor.
Liña 44:
No ano [[1911]] Kandinsky publica ''[[Do Espiritual no Arte]]''; en 1912 publícase o almanaque con obras de Kandinsky e Marc, e ten lugar a segunda exposición do Blaue Reiter na galería Hans Goltz. Este mesmo ano ten lugar a primeira exposición individual de Kandinsky na galería ''Der Sturm'' de Berlín. Os temas preferidos de Kandinsky nesta época son violentos e [[Apocalipse|apocalípticos], e teñen a súa orixe nas imaxes relixiosas populares de Alemaña e Rusia. Cara o ano 1912 o seu traballo xa pasou por varias evolucións produtivas.
 
En 1913, cando pinta''Liñas negras'', xa non se pode falar de abstraciónabstracción a partir dun tema; a cor e a liña tomaron por sí mesmas tal expresividade que xa non seguen un modelo preestablecido. Obras como esta son as primeiras verdadeiramente abstractas.
 
== Arte abstracta ==
Liña 52:
Kandinsky, ó igual que [[Piet Mondrian]], estaba interesado tamén na [[teosofía]], entendida como a verdade fundamental que subxace detrás de doutrinas e rituais en todas as relixións do mundo; a crenza nunha realidade esencial oculta tralas aparencias, proporciona unha obvia racionalidade á arte abstracta.
 
En ''Do espiritual na arte'', fala dunha nova época de grande espiritualidade e da contribución da pintura a ela. A arte nova debe basearse nunha linguaxe de cor e Kandinsky dá as pautas sobre as propiedades emocionais de cada ton e de cada cor, a diferenza de teorías sobre a cor máis antigas, el non se interesa polo espectro senonsenón só na resposta da alma.
 
 
En [[1913]] unha obra súa preséntase no ''Armory Show'' de [[Nova York]] e, ó estoura-la [[Primeira Guerra Mundial]], volve a Rusia, instalándose en [[Moscova]], ata o ano [[1921]].
 
A partir da [[Revolución Rusa de 1917|Revolución de Outubro]] do ano [[1917]], Kandinsky desenvolve un traballo administrativo para o Comisariado do Pobo para a Educación; entre os proxectos deste organismo está a reforma do sistema educativo das escolas de arte. En [[1920]] foi un dos fundadores en MoscúMoscova do INKhUK (Instituto para a Cultura Artística), ó longo dese ano xurdiu o conflito entre Kandinsky, [[Kasimir Malevitch|Malevitch]] e outros pintores idealistas fronte ós [[produtivismo|produtivistas]] (ou [[Construtivismo (arte)|construtivistas]]), [[Vladimir Tatlin]] e [[Alexander Rodchenko]]. Este último grupo atopou un forte apoio no "plan de propaganda monumental", ideado polas autoridades políticas da Revolución. A situación de tensión propiciou a saída de Kandinsky de Rusia.
 
En [[1922]] trasládase a [[República de Weimar|Weimar]] ([[Alemaña]]), onde imparte clases teóricas para a [[Bauhaus|Escola da Bauhaus]]. En [[1926]] publícase o seu libro ''Punto e liña sobre o plano. Contribución á análise dos elementos pictóricos'', unha continuación orgánica do seu traballo anterior ''Do espiritual no arte''. Permanecerá na [[Bauhaus]] ata o ano [[1933]] cando o [[TercerTerceiro Reich]] clausura a institución.
 
Dende 1933 establécese en [[París]], onde continuará a súa carreira como artista ata a súa morte no ano [[1944]].
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.kandinsky.ru '''Kandinsky Family Tree''' - Kandinsky Family Tree]
* [http://www.malarze.walhalla.pl/galeria.php5?art=84 '''Art Gallery''' - Wassily Kandinsky]
* [http://www.halter.net/gallery/kandinsky-fi.html Wassily Kandinsky: Una Galería de Arte Virtual]