Toxicidade do monóxido de carbono: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 29:
 
== Cinética ==
Durante o [[catabolismo]] normal da hemoglobina prodúcese CO. En situación de repouso, a carboxihemoglobina é do 0,4 ó 0,7%, que pode subir ao 2% no medio urbano, e en fumadores pode chegar ao 6% e mesmo a máis. A cantidade de gas absorbido depende da ventilación por minuto, da duración da exposición e da concentración de CO no ambiente. Entre un 10-15% únese ás proteínas (incluíndo a mioglobina e a citocromo-c-oxidasa). Menos do 1% áchase disolto no [[plasma sanguíneo|plasma]]. É eliminado principalmente polos [[pulmón]]s e ten unha vida media de 4 horas. As mulleres embarazadas e os seus bebés, os nenos pequenos, as persoas maiores e as que sofren de [[anemia]], problemas do [[corazón]] ou respiratorios poden ser moito máis sensibles.
 
== Dose tóxica ==