Cedeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Engadidas fotos da igrexa parroquial e da ermida de San Antón de Corveiro
Liña 92:
As murallas que arrodeaban a antiga vila desapareceron, pero non así o seu pasado medieval, que se pode ver no paseo polas súas estreitas e empinadas rúas. Nalgunha das súas construcións aparecen escudos de armas das familias que habitaron as súas casas. Entre as antigas construcións podemos ver algunha casa con galerías, xa pertencentes aos séculos XVIII e XIX. Arredor do río Condomiñas medrou a nova Cedeira. Na zona intermedia do paseo marítimo atópase, sobre unha rocha, o monumento á muller do pescador. O porto é un dos máis importantes das [[Rías Altas]] galegas, grazas ás capturas de especies como a [[pescada]], o [[rapante común|rapante]], a [[Lagosta (crustáceo)|lagosta]] ou os [[percebe]]s.{{cómpre referencia}}
 
[[Ficheiro:Fachada-santa-maria-do-mar-cedeira.jpg|miniatura|200px|dereita| ''Fachada e torre da igrexa parroquial'']]
* '''Igrexa parroquial de Santa María do Mar'''. Atópase na parte alta do casco antigo. É de estilo [[arquitectura gótica|gótico]] mariñeiro con planta basilical orixinal e [[ábsida]] rectangular. A súa construción data do [[século XV]]. Consta de tres corpos con cuberta de madeira e unha capela maior. Diversas reformas posteriores á súa construción engadíronlle dous corpos laterais, que lle deron aspecto cruciforme. A fachada é sinxela, cun [[Arco (arquitectura)|arco]] de medio punto. A torre lateral foi engadida en [[1839]]. No interior, está o sepulcro xacente do cabaleiro Alonso de Pyñeiro, con data de [[1450]]. Tamén son de interese as imaxes da Virxen do Parto ([[século XVI]]) e a Velilla ([[século XVII]]), renacentista unha e barroca a outra. A imaxe da Virxe do Mar, patroa da vila, é obra do escultor José Rivas en [[1917]].
 
* '''Castelo da Concepción'''. Na zona final do porto, sobre un acantilado, atópase o Castelo da Concepción, construído no [[século XVIII]] para protexer a costa de incursións marítimas, que destruíran as antigas fortificacións de defensa. Con axuda da poboación, construíuse o actual, que chegou a ter trinta homes ao coidado doutros tantos canóns. O edificio é de planta hexagonal, cunha gran vista panorámica da entrada da ría de Cedeira e das praias da Magdalena e de Pantín, xa no veciño concello de Valdoviño. No edificio pódense visitar as antigas dependencias e almacéns para a vida dos soldados.
 
[[Ficheiro:Ermida-san-anton-corveiro-cedeira.jpg|miniatura|200px|dereita|''Ermida e cruceiro de San Antonio de Corveiro'']]
* '''Capela de Santo Antón de Corveiro'''. A ermida de Santo Antón de Corveiro comezouse a construír en [[1661]]. Está sita nunha contorna dende a que se contempla unha panorámica da entrada da ría. No interior, destaca o retablo barroco, procedente da igrexa parroquial. No campo que arrodea á ermida atópase un cruceiro de pedra sepentina, que foi levado alí dende o antigo cemiterio de Cedeira.